Avalancha (álbum): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes varios e establecemento de ligazóns internas.
Sen resumo de edición
Liña 24:
''Avalancha'' invita a un cambio, non só amosa a madureza do grupo musicalmente falando; aquí invítase a xente a non quedar calada, a se levantar e romper coas cadeas da opresión. É un disco innovador, pero que non alcanza os logros dos seus anteriores traballos, sobre todo con ''El espíritu del vino''.
 
Un disco que contén moita enerxía, as [[Guitarra eléctrica|guitarras]] son moito máis potentes. [[Juan Valdivia]] amosa a súa afección polo [[hard rock]], e amósao en cada ''[[riff]]'' da súa guitarra. Tamén hai influencias de bandas [[grunge]] como [[Soundgarden]] ou [[Alice Inin Chains]]. É o álbum máis potente e americano de Héroes del Silencio, e tamén, para algúns, o que mellor aguantou o tempo grazas á súa produción.
 
As demos foron gravadas nun retiro na zona dos [[Pireneos]] chamado ''El Hospital de [[Benasque]]'', un lugar que foi aproveitado durante a época laboral para pechalo e comezar a traballar no que fora o seu cuarto traballo de [[Estudio de gravación|estudio]]. Ademais, foi un momento para suavizar as relacións que comenzaban a se tornar tormentosas. De aquí, déronse demos que no seu tempo foron publicados por ''El Exceso SL'', en edición limitada, e máis tarde foron publicados no disco ''Rarezas''.