Disco celeste de Nebra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30:
A partir dese intre, a oficina federal de Saxonia-Anhalt impulsou unha campaña para a escavación do lugar que obtivo moi bos resultados. Descubriuse que non se trataba de ningún soterramento senón dun depósito onde se abandonaron as pezas dentro dunha cista (vaso metálico con tapa que se empregaba para gardar obxectos preciosos), sen ningunha orde. Este tipo de depósito adoita ser bastante común entre os homes da Idade do Bronce e coñécense bastantes exemplos. Crese que poidan ser ofrendas aos deuses.
 
Ao redor da cista había unha muralla circular e lisa, de 160 m de diámetro. O seu estudo amosou que fora ergueita un milenio logo da fabricación do disco, na [[Idade dode Ferro]], quizais no intre do depósito. Descubriuse tamén que non había pegadas de asentamento de ningún pobo e que o lugar non tiña sinal de ser unha fortificación. As conclusións finais foron que se trataba dun punto escollido para culto relixioso, polo seu extraordinario emprazamento e as súas relacións astronómicas.
 
== Descrición do disco celeste ==