Plan Xeral de Ordenación Municipal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Arranxos varios
Municipio
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 2:
O '''Plan Xeral de Ordenación Municipal''' (abreviado '''PXOM''') é o instrumento de planeamento urbanístico básico a nivel local en [[Galicia]]. É o instrumento polo que se planifica unha ordenación integral do territorio ou de diversos municipios. De acordo coa lexislación do [[Estado español]] e das súas respectivas comunidades autónomas, ten por obxecto o establecemento da ordenación do territorio planeado, definindo o modelo de utilización do [[solo]] a longo termo (modelo de [[cidade]])<ref>Artigos 14 e 15 do «Reglamento de Planeamiento para el desarrollo y aplicacíon de la Ley sobre Régimen del Suelo y Ordenación Urbana»[http://www.boe.es/datos/pdfs/BOE/1978/221/R21592-21691.pdf] (RD 2159/1978, de 23 de xuño.).</ref> que resulta da ponderación cualitativa e cuantitativa dos datos e conclusións dos estudos previos realizados para o efecto e das diferentes alternativas de planeamento formuladas.
 
A ordenación integral do territorio dun ou varios [[Municipio|concello]] comprende obrigatoriamente:<ref>Lecciones de Derecho Urbanístico. Eduardo García de Enterría e Luciano Parejo Alonso. Editorial Civitas, S.A. Madrid 1981. ISBN 978-84-7398-152-1. Cap. V, pax.: 259.</ref>
 
# A clasificación do solo que vincula todo o do territorio planeado cun destino urbanístico básico así coma o correspondente réxime xurídico.