Vicerreinado de Nova España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Os misioneiros católicos: Orde dos Predicadores
m →‎Os misioneiros católicos: Orde dos Predicadores
Liña 205:
Ademais de misioneiro, Kino foi tamén explorador, cartógrafo, xeógrafo e astrónomo. O seu traballo de fundación e coñecemento xeográfico quedou resumido na obra do tamén xesuíta [[Francisco Javier Alegre]], ''Los apostólicos afanes'', dedicada ao [[papa]] [[Bieito XIV, papa|Bieito XIV]], e que foi publicada en [[Roma]] en [[1749]].<ref>{{cita web |url = http://www.mexicodesconocido.com.mx/notas/4202-Francisco-Eusebio-Kino |título = Vida y obra del padre Eusebio Francisco Kino. |dataacceso = 01-09-2013 |formato = HTML |idioma = español }}</ref>
 
O labor de Kino inspirou a outros xesuítas para continuar a obra de fundación, xa entrado o [[século XVIII]], coa fundación de [[San Antonio de Béjar]] e a [[baía do Espíritu Santo]], ambas en Texas. Pero en [[1767]], [[Carlos III de España|Carlos III]] expulsou aos xesuítas dos seus dominios ''por atentaren contra as doutrinas da Igrexa e do rei'', e as súas antigas misións pasaron a seren administradas polos [[dominicoOrde dos Predicadores|dominicos]]s, que as estenderon até [[Paraguai]] e [[Ecuador]].
 
[[Junípero Serra]], natural das [[illas Baleares]], fundou en [[California|Alta California]] as misións de [[Misión de San Diego de Alcalá|San Diego de Alcalá]], [[Misión de San Carlos Borromeo de Carmelo|San Carlos Borromeo de Carmelo]], [[Misión de San Gabriel Arcángel|San Gabriel Arcángel]], [[Misión de San Luis Obispo de Tolosa|San Luis Obispo de Tolosa]], [[Misión de San Francisco de Asís|San Francisco de Asís]] e [[Misión de San Juan Capistrano|San Juan Capistrano]], entre outras.