Vicerreinado de Nova España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Os misioneiros católicos: Orde dos Predicadores
Liña 197:
=== Os misioneiros católicos ===
[[Ficheiro:Padre Misionero Francisco Eusebio Kino.jpg|miniatura|O Padre xesuíta Eusebio Francisco Kino.]]
No [[século XVI]], os españois ao mando de [[Hernán Cortés]] conquistaron aos mexicas e fixéronse coas súas propiedades. O labor misioneiro da [[Igrexa Católica]] iniciouse coa chegada das ordes mendicantes: [[Orde dos Freires Menores|franciscanos]], [[Orde dedos Predicadores|dominicanos]] e [[Orde de Santo Agostiño|agostiños]], que evanxelizaron partindo do Altiplano Central cara a fóra, ás localidades máis poboadas, e creando novas onde eran dispersas. No transcurso da segunda década deste século, [[Cristóbal de Olid]], [[Pedro de Alvarado]] e [[Nuño Beltrán de Guzmán]] apoderáronse de gran parte do territorio mexicano, salvo o norte do país, onde as tribos [[chichimeca]]s perduraron até principios do [[século XVII]], cando fueron case exterminadas. Nese mesmo século, o labor dos freires chegados á Nova España permitiu estender os núcleos poboacionais a [[Nuevo León]], onde se fundaron [[Cerralvo]], [[Cadereyta]] e [[Sabinas Hidalgo]].<ref name="Historia del Virreinato">{{cita web |url = http://www.puc.cl/sw_educ/historia/america/html/1_2_1_1.html |título = El virreinato de Nueva España |dataacceso = 01-09-2013 |autor = Estudiantes de la Pontificia Universidad Católica de Chile |data = 3 de abril de 2007 |ano = 2007 }}</ref>
 
Neste mesmo período, o labor dos [[franciscano]]s fixo posíbel a fundación de [[Ciudad Juárez|Paso del Norte]], en [[1682]]. [[Carlos de Sigüenza y Góngora]], intelectual e [[Xeografía|xeógrafo]] mexicano, dedicuse a [[cartografía|cartografar]] nas [[Nuevas Filipinas]] ([[Texas]]) e no porto de [[Panzacola]] (hoxe Pensacola), onde se edificou o forte de San Carlos para defender a localidade de [[Piratería|ataques piratas]].<ref name=ref_duplicada_1>{{cita libro | apelidos = Ricard | nome = Robert |ligazónautor= |autor2= | editor = | otros = | título = La Conquista Espiritual de México | edición = | ano = 1949 | mes = | editorial = [[Fondo de Cultura Económica]] | publicación = [[Ciudad de México]]| id = | isbn = |páxinas= | capítulo = | urlcapítulo = | cita = }}</ref>
 
A [[Compañía de Xesús]] substituíu paulatinamente o labor dos franciscanos, pero ampliouna no aspecto cultural e educativo. [[Eusebio Francisco Kino]], nacido en [[Trento]], cunaberce do [[Concilio de Trento|concilio da Contrarreforma]], que adoptara o seu segundo nome en honor a [[Francisco de Asís]], a quen admiraba, chegou á Nova España en [[1682]] e dedicouse a difundir o [[Cristianismo]]. Kino fundou misións en [[Sonora]] e [[Arizona]], e a maior delas, [[Magdalena de Kino]], no norte do territorio sonorense, leva o nome da súa nai. Morreu en [[1711]].
 
Ademais de misioneiro, Kino foi tamén explorador, cartógrafo, xeógrafo e astrónomo. O seu traballo de fundación e coñecemento xeográfico quedou resumido na obra do tamén xesuíta [[Francisco Javier Alegre]], ''Los apostólicos afanes'', dedicada ao [[papa]] [[Bieito XIV, papa|Bieito XIV]], e que foi publicada en [[Roma]] en [[1749]].<ref>{{cita web |url = http://www.mexicodesconocido.com.mx/notas/4202-Francisco-Eusebio-Kino |título = Vida y obra del padre Eusebio Francisco Kino. |dataacceso = 01-09-2013 |formato = HTML |idioma = español }}</ref>