Pedro Martín Cermeño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 25:
Durante a súa estadía en Galicia interveu en diversas obras, entre as que se contan o proxecto de ordenación da Praza de Santa Susana en Santiago de Compostela, que non se chegou a realizar e o proxecto da fachada atlántica de Marineda, na Coruña, que se chamaron as [[Casas de Paredes]], que non chegou a rematarse pero cuxa realización parcial deixou unha pegada relevante na cidade. A súa ambiciosa idea era crear unha fronte uniforme na Mariña, dende o [[Cantón Grande]] ata a Porta Real, deixando como lugar central a [[Casa da Aduana da Coruña|Casa da Aduana]]. A fonte de inspiración de Cermeño deberon ser os ''quais'' que no século XVIII engalanaron as fachadas marítimas e fluviais das cidades francesas como [[Bordeos]] ou [[Nantes, Francia|Nantes]].
 
Do seu matrimonio con María do Carme Cisneros tivo un fillo, [[Xacobe Cermeño Cisneros]], que faleceu sen descendencia, deixando como herdeira áa súa prima Xacoba Cisneros de Castro e Puga, [[Condado de Ximonde|III condesa de Ximonde]].
 
== Notas ==