Editorial Galaxia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Galiza non está admitido, é Galicia.
m Desfixéronse as edicións de Alphaquer (conversa); cambiado á última versión feita por Mgl.branco
Etiqueta: Reversión
Liña 25:
== Historia ==
[[Ficheiro:Editorial Galaxia.jpg|miniatura|300px|Stand da editorial no [[CulturGal]] 2010.]]
Rematada a [[guerra civil española]] apenas se publicaron libros en GaliciaGaliza e moito menos en galego. A edición, igual que a resistencia política e cultural, desenvolveuse neste período principalmente en América ([[México]], [[Uruguai]], [[Arxentina]]), arredor de figuras como [[Castelao]], [[Manuel Puente]], [[Arturo Cuadrado]] ou [[Luís Seoane]], auténticos motores da produción editorial no exilio. En [[1949]] publicouse en [[Pontevedra]] a colección de poesía [[colección Benito Soto|Benito Soto]], promovida por [[Sabino Torres]], [[Manuel Cuña Novás]], [[Emilio Álvarez Negreira]] e [[Celso Emilio Ferreiro]]. Polas mesmas datas saíron os primeiros títulos de [[Bibliófilos Gallegos]], e máis a [[Editorial Monterrey]], da man de [[Luís Viñas Cortegoso]] e [[Xosé María Álvarez Blázquez]], orientada maiormente cara á edición de [[bibliofilia]]. O proxecto Galaxia consolidouse, de entre todas elas, como o máis estábel e o de máis continuidade, e constituíu a referencia obrigada do rexurdimento da actividade intelectual na [[Galiza interior|Galicia interior]].
 
O Partido Galeguista do interior considerou que había que aproveitar as escasas posibilidades que ofrecía o franquismo para desenvolver a [[lingua galega|lingua]] e [[literatura galega]] e o propio pensamento galeguista, en aberta contradición do galeguismo do exilio, e así o [[25 de xullo]] de [[1950]] celebrouse no mesón do hotel Compostela, en [[Santiago de Compostela|Compostela]], a asemblea fundacional da Editorial Galaxia. Presidida por [[Ramón Otero Pedrayo]], o Patriarca das Letras, e coa presenza de personalidades senlleiras do galeguismo, como [[Manuel Gómez Román]], secretario do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. A Editorial Galaxia converteuse no núcleo principal da resistencia cultural e política do [[Galeguismo (política)|galeguismo]], obrigado á clandestinidade e ao exilio despois da guerra civil. [[Francisco Fernández del Riego]], [[Xaime Isla Couto]] e [[Ramón Piñeiro]] foron as tres personalidades que desde o primeiro momento orientaron a editorial, comprometida coa recuperación da lingua e da cultura galega, nos tempos difíciles da [[franquismo|ditadura]].