Primeira guerra mundial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Raj Británico
Liña 202:
 
=== Consecuencias demográficas ===
En 1919 as estatísticas amosaron aproximadamente o número de falecidos e feridos pola ''gran guerra'', contándose máis de 14 millóns de mortos entre civís e militares. As xeracións máis novas foron as máis afectadas debido ao reclutamento obrigatorio en case todos os países que interviron. Ata ese momento, a gran guerra fora a contenda que máis vidas arrebatara. O modelo de batallas, a nova artillería precisa, os aramados, as metralladoras, as minas, o gas e os disparos incrementaron enormemente a mortalidade dos militares. Ata entón, a artillería non fora usada de forma masificada, nin as minas nin se empregara o gas. Os francotiradores tampouco foran tan usados e as metralladoras inda non foran estandarizadas. A trincheira converteuse no fogar de millóns de soldados. O déficit hixiénico que nelas reinaba provocou o espallamento de diversas enfermidades. A escaseza de auga e alimentos, sobre todo nas trincheiras das potencias centrais, incrementaba o número de mortes pouco a pouco. En 1915 a guerra converteuse nunha batalla de demografías. Nas grandes ofensivas coma a da [[ofensiva do Somme|Somme]] ou na [[batalla de Verdún]], cada metro conquistado custou milleiros de vidas. Cara 1919 unha pandemia, a mal chamada [[Gripe de 1918|gripe española]] produciría unha elevada mortalidade que acabaría con varios millóns de persoas. Parte dos falecidos eran soldados que volvían da fronte á casa e serviron de vectores para transmisión do virus responsable. Suxírese que a agresividade do patóxeno se debía en parte á [[sistema inmune|inmunodepresión]] que afectaba aos militares en combate. A denominación de ''gripe española'' débese a que foi en [[España]] onde máis publicacións falaron da enfermidade. Nos países que participaran na contenda, a censura impediu a impresión de numerosa información sobre a pandemia.
 
=== Consecuencias económicas ===