Media distancia Renfe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 31:
* '''[[Renfe Avant|Avant]]''': cobren servizos directos en [[Liña de alta velocidade|liñas de alta velocidade]], substituíron as ''Lanzadeiras AVE'' ou ''Iris''. Realízanse con electrotréns da [[Serie 104 de Renfe|serie 104]], 114 en liñas exclusivamente de largo estándar e da serie 121 no resto.
* '''[[Intercity, Renfe|Intercity]]''': antigos servizos Intercity de Longa Distancia que deixaron de prestar servizo en [[2008]] e foron recuperados baixo esta denominación en [[2012]] para Media Distancia. Realizan servizos de longo percorrido con tarifas de Media Distancia, empregando unidades das series '''[[Serie 121 de Renfe|121]]''', '''[[Serie 449 de Renfe|449]]''' e '''[[Serie 599 de Renfe|599]]'''.
* '''MD''': servizos directos e semidirectos de maior calidade servidos por automotores das series 499, 594, 598, 599 ou 121. Baixo esta denominación se unificaron os '''Media Distancia +''', '''R-598''' e '''TRD''', vinculadas cada unha delas a unha serie ou series de automotores en particular<ref>{{Cita web|url=https://www.vialibre-ffe.com/pdf/5080.pdf|páxina-web=Vía Libre|título=Modernización de los automotores de la serie 594 de Renfe|data-acceso=05-01-2018}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.railwaymania.com/docs/150/rwm_renfe_598.pdf|páxina-web=www.railwaymania.com|título=Unidades basculantes serie 598|data-acceso=05-01-2018|lingua=es}}</ref><ref>{{Cita web|url=https://www.vialibre-ffe.com/pdf/7520_599_449.pdf|páxina-web=Vía Libre|título=MD+, nuevo producto de Renfe con la puesta en servicio de los trenes 599 y 449.|data-acceso=05-01-2018|lingua=es}}</ref>.
* '''[[Rexional, Renfe|Rexional]]''': servizos con parada comercial en todas ou case todas as estacións e apeadoiros do traxecto. Poden estar cadenciados con servizos de [[Proximidades Renfe]] (ex.: [[Madrid]] - [[Segovia]]), denominándose entón ''"Rexional cadenciado"''. No caso dos trens "Rexional cadenciado" empréganse unidades de tren pertencentes ao parque de Proximidades ([[Serie 440 de Renfe|440R]], [[Serie 446 de Renfe|446]], [[Serie 447 de Renfe|447]] e ata trens de dous pisos das series [[Serie 450 de Renfe|450 e 451]]), mentres que naqueles servizos que non se atopen cadenciados coa malla de Proximidades, o material empregado case sempre corresponde ao parque propio de Media Distancia, empregándose UT eléctricas da serie [[Serie 432 de Renfe|432]] en liñas electrificadas e unidades diésel das series [[Serie 592 de Renfe|592]] e [[Serie 596 de Renfe|596]] nas relacións non electrificadas.
* '''[[Rexional Exprés]]''': son servizos cun menor número de paradas comerciais que o Rexional (máximo 3 paradas cada 100&nbsp;[[Quilómetro|km]]), o cal redunda nunha velocidade comercial maior e, polo tanto, uns tempos de viaxe sensiblemente máis reducidos ca no caso dos trens tipo Rexional. En liñas electrificadas empréganse basicamente trens das series [[Serie 470 de Renfe|470]] ou [[Serie 440 de Renfe|440R]], mentres que nas liñas non electrificadas estes servizos cóbrense con unidades das series [[Serie 592 de Renfe|592]] e [[Serie 592 de Renfe|592.200]].