Partido Republicano Radical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{fusión desde|Partido Republicano Radical en Galicia}}
[[Ficheiro:Escudo PRR.svg|miniatura|225px|Escudo do PRR.]]
O '''[[Partido Republicano Radical]]''' foi un dos primeiros partidos republicanos presentes en [[Galicia]], tiña unha importante militancia nas cidades de [[Pontevedra]], dirixido por [[Emiliano Iglesias]], e [[A Coruña]], dirixido por [[Gerardo Abad Conde]], tamén a fins da ditadura de Primo de Rivera conseguiu unha certa base agraria grazas a entrada dun xa dereitizado [[Basilio Álvarez]] no partido.
O '''Partido Republicano Radical''' ou '''PRR''', máis coñecido simplemente como '''Partido Radical''', foi un partido político español fundado por [[Alejandro Lerroux]] en [[1908]] en [[Santander]], ao escindirse da histórica [[Unión Republicana (España 1903)|Unión Republicana]] de [[Nicolás Salmerón]].
 
== Historia ==
Participou na formación da [[Federación Republicana Gallega]], o PRR representaba en Galicia os intereses da burguesía e ata a proclamación da II República carecía dunha estrutura galega propia e logo conforma un Comité Rexional. Tras a saída da FRG o [[6 de maio]] de [[1931]]<ref>Carlos Sixirei ''Alfredo Somoza. Encadramento histórico dunha figura esquecida do nacionalismo galego''. Ediciós do Castro, 1987, páxina 43</ref>, o PRR comezou unha campaña de rivalidade coa ORGA e presentouse en solitario para as eleccións a Cortes Constituíntes, agás na provincia de Pontevedra na que Emiliano Iglesias concorreu na coalición republicano-socialista. O PRR conseguiu 11 escanos converténdose na segunda forza política de Galicia. Nas Cortes os seus deputados galegos desenvolveron unha política antiautonomista e conservadora. Con arredor de 2000 militantes controlaba a maioría dos centros e casinos republicanos<ref>Bernardo Máiz, ''Galicia na II República e baixo o franquismo'', Vigo, 1988, páx. 28</ref>. Despois das eleccións de 1933 con 15 escanos converteuse na principal forza política de Galicia, converténdose un baluarte das políticas máis conservadoras e antiautonomistas no seo do republicanismo. En 1934 con [[Diego Martínez Barrio]] marcharon do partido boa parte dos militantes galegos que crearon a organización galega da [[Unión Republicana (España 1934)|Unión Republicana]].
A súa base ideolóxica foi moi cambiante, oscilando as súas formulacións entre o radicalismo anticlerical e violento, participando moi activamente nos feitos da Semana Tráxica de Barcelona (1909), o republicanismo moderado e o conservadorismo e a colaboración coa dereita monárquica e confesional, durante a [[Segunda República Española|Segunda República]]. O partido sufriu diversas escisións ao longo da súa existencia. En [[1929]], o sector máis progresista, liderado por [[Marcelino Domingo]], separouse do PRR para fundar o [[Partido Republicano Radical Socialista]], que acabaría en gran parte confluíndo na [[Izquierda Republicana]] de [[Manuel Azaña]]. En abril de [[1934]], xa co Partido Radical dentro do goberno republicano, [[Diego Martínez Barrio]] saíu do partido cos cadros máis moderados para fundar o [[Partido Radical Demócrata]], en desacordo coa liña dereitista da maioría radical.
 
No derradeiro alento do reinado de Afonso XIII, o Partido Radical foi un dos asinantes principais do [[Pacto de San Sebastián]], e como tal participou no Comité Provisorio que comandou o derrocamento da Monarquía e do Goberno Provisorio que substituíu ao Goberno da Monarquía trala proclamación da [[Segunda República Española|II República]], o 14 de abril de 1931. Durante o primeiro bienio republicano, no que ocupou 89 asentos nas Cortes Constituíntes, o Partido Radical distinguiuse por combater desde o centro-dereita as políticas de esquerdas dos gobernos de Azaña. Tralas [[Eleccións Xerais 1933 en España|eleccións de 1933]], que deron maioría ás dereitas no Parlamento e nas que obtivo 104 escanos, o Partido Radical liderou o goberno da República, primeiro en solitario (un gabinete monocolor apoiado pola [[CEDA]]), e despois en coalición coa Confederación Española de Derechas Autónomas de [[José María Gil Robles]]. Ao longo do seu mandato, tivo que facer fronte á [[Folga xeral revolucionaria de 1934]]. Tras controlar a situación no resto do país, o Goberno radical detivo a [[Lluís Companys]], suspendeu a Generalitat e mandou á Lexión a combater a insurrección obreira en Asturias, que foi duramente reprimida polos xenerais [[Francisco Franco|Franco]] e [[Manuel Goded|Goded]]. Os gobernos radicais sucedéronse, progresivamente debilitados por numerosos escándalos de corrupción (entre eles, o do Estraperlo) en que se viron envolvidos os seus líderes, e cada vez máis impotentes para estabilizar unha situación social cada vez máis crispada e enrarecida, ata as [[Eleccións Xerais 1936 en España|eleccións de 1936]], en que o triunfo da coalición das esquerdas deu paso ao Goberno da Fronte Popular. Como o resto de partidos políticos activos durante a República salvo o chamado Movemento Nacional ([[FET y de las JONS]]), o Partido Radical Republicano foi ilegalizado trala vitoria do bando nacional na guerra civil.
Contou cos periódicos ''[[El Radical (A Coruña)|El Radical]]'' da [[A Coruña|Coruña]], ''[[El Radical (1931)|El Radical]]'' de [[Ourense]], ''[[Galicia Radical]]'' de [[Pontevedra]] e ''[[El Radical del Eo]]'' de [[Ribadeo]].
 
== Véxase tamén ==
==Notas==
=== Bibliografía ===
<references/>
* {{Cita publicación periódica |título=Los federales y Lerroux (1906-1924)|publicación=Vegueta: Anuario de la Facultad de Geografía e Historia|nome=Agustín|apelidos=Millares Cantero|ligazónautor=Agustín Millares Cantero|url=http://revistavegueta.ulpgc.es/ojs/index.php/revistavegueta/article/view/172|número=4|ano=1999|páxinas=187-210|issn=1133-598X|editorial=[[Universidad de Las Palmas de Gran Canaria|ULPGC]]}}
* {{cita libro|apelido=Townson|nome=Nigel |ligazónautor=Nigel Townson|título=La República que no pudo ser. La política de centro en España (1931-1936) |url= |edición=|ano=2002|editor=|editorial=Taurus|lugar=Madrid|isbn=84-306-0487-1|capítulo= |páxinas=}}
 
=== Outros artigos ===
[[Categoría:Partidos políticos de Galicia]]
* [[Partido Republicano Radical en Galicia]]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Partidos políticos de GaliciaEspaña]]