Manuel Rivera Martorell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Rivera, forxado do '''Club Deportivo Ferrol''', o equipo da '''Escola Nocturna Obreira''', estivo vinculado case durante toda a súa carreira deportiva ao [[Racing de Ferrol|'''Racing Club de Ferrol''']], exceptuando media tempada que militou no [[Deportivo da Coruña]], en 1933/34. Foi un dos grandes nomes da historia do Racing por talento deportivo e liderado no vestiario, e auténtico ídolo e referencia de varias xeracións de racinguistas. Estivo a piques de ser convocado pola selección española e foi pretendido por diversos clubs importantes do fútbol español, pero el sempre elixiu quedar en Ferrol e defender a camiseta verde agás o curto paso polo gran rival dos racinguistas. Considerado un dos mellores medios centros do fútbol galego de antes da Guerra Civil, abandonou o fútbol en [[1938]] por unha lesión de corazón. Co Racing foi '''tres veces campión de Galicia''' e formou parte do plantel que debutou na '''2ª División''' en 1934/35. Tras a súa retirada como futbolista exerceu de delegado do club verde e tamén foi adestrador, tanto do cadro "reserva" como do primeiro equipo, neste último caso na campaña 1943/44.
 
Rivera faleceu en decembro de 1952 e, na súa memoria, o '''Estadio do Inferniño''' (construido en 1921 e remodelado entre 1949 e 1951) pasou a chamarse '''''Estadio Manuel Rivera''''' dende xaneiro de 1954.
 
== Clubs ==