Diferenzas entre revisións de «Mar Negro»

(→‎Etimoloxía: engado contidos para fusión de artigos)
 
== Etimoloxía ==
''Ponto Euxino'' é o nome grecolatino do [[mar Negro]]. Os [[Pobo grego|gregos]] chamárono primeiro ''Skuthikos Pontos'' ("Mar Escítico"). Os [[escitas]], pobo de lingua [[iraniano|iraniana]], designárono como ''Aksaina'' é dicir "sombrío, gris, azul escuro". Os gregos comprenderon primeiro este termo como ''axeinos'' (de ''a-'' privativo e ''xeinos'' estranxeiro") que significa "hostil aos estranxeiros", e logo, máis tarde, cando as súas correntes lles foron máis familiares e practicábeis, foi designado como ''Pontos Euxeinos'' (de ''eu-'' "ben" e ''xeinos'' "estranxeiro") ou '''Pont-Euxin''' (é dicir "Mar amigábel" ou "acolledor"). Outros pensan que era chamado acolledor precisamente por lle dar un nome contrario ao que ocorría en realidade, co fin de evitar as súas treboadas.
en
O nome de ''Mar Negro'' tería como orixe a atribución polos [[turcos]] de cores aos [[puntos cardinais]], o "negro" para o [[norte]], o "azul" para o [[oeste]], o "branco" para o [[sur]] e o "verde" para o [[leste]]. ao estar este mar (''deniz'' en [[lingua turca|turco]]) ao norte de [[Turquía]], foi designado ''kara'' ("negro"), en turco ''Karadeniz'' ("mar negro"). Mentres que, por exemplo, o [[mar Mediterráneo]], ao sur, sempre é chamado ''mar Branco'', en [[lingua turca|turco]] ''Akdeniz'' (non confundir co [[mar Branco]] actual).