Período helenístico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro {{fusión desde|Helenismo}} e engado {{sen referencias|data=febreiro de 2018}}
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{sen referencias|data=febreiro de 2018}}
{{Historia de Grecia}}
Desígnase como '''período helenístico''' (do [[grego antigo]] ἑλληνίξειν ''hellēnizein'', "falar en grego", "vivir como os gregos") ou '''período alexandrino''' o período histórico que decorre entre a morte de [[Alexandre Magno]] en [[-323|323 a. C.]] e a conquista do [[Antigo Exipto]] en [[-30|30 a. C.]] polos [[roma]]nos. Caracterízase pola difusión da civilización grega nunha vasta área que se estendía do [[Mediterráneo]] oriental até á [[Asia Central]]. De modo xeral, o [[helenismo]] foi a concreción dun ideal de Alexandre: o de levar e difundir a cultura grega aos territorios que conquistaba. É neste período histórico que as ciencias particulares tiveron o seu primeiro e grande desenvolvemento. É o tempo de [[Euclides]] e [[Arquimedes]]. O helenismo tamén marca un período de transición para o apoxeo e dominio de Roma.
 
O período foi identificado como tal polos historiadores do [[século XIX]]. O termo "helenístico" foi empregado por vez primeira polo historiador alemán [[Johann Gustav Droysen]] na súa ''Historia do Helenismo'' ([[1836]] e [[1843]], a partir dun criterio lingüístico e cultural: o medre espectacular das rexións nas que se falaba o grego (ἑλληνίζειν / hellênízein) e, en consecuencia, do fenómeno de expansión do helenismo. Porén, este fenómeno de helenización e de encontro entre as antigas civilizacións orientais e gregas continúa baixo o [[Imperio Romano]], polo que os límites cronolóxicos do período son sobre todo políticos: as conquistas de Alexandre e o suicidio da última grande soberana helenística, a raíña de [[Exipto]] [[Cleopatra VII]].