Batalla de Covadonga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Don Pelayo.jpg|220px|miniatura|Estatua de [[Paio de Asturias|Paio]] en [[Covadonga]].]]
A '''batalla de Covadonga''' é un episodio mítico<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Garcia Pérez|nome=Guillermo|data=1994|título=Covadonga, un mito nacionalista católico de origen griego|url=http://oa.upm.es/756/1/guillermo05.pdf|PMC=|revista=El Basilisco|número=17|páxinas=81-94|doi=|ISSN=|PMID=|volume=}}</ref> da historia de España que se supón tivo lugar en [[722]] en [[Covadonga]], unha paraxe próxima a [[Cangas de Onís]] ([[Principado de Asturias|Asturias]]), entre o exército de [[Paio de Asturias|Paio]] e tropas musulmás, que resultaron derrotadas.<ref name=SA>[[Claudio Sánchez-Albornoz|Sánchez-Albornoz, Claudio]]. "El reino de Asturias. Orígenes de la nación española". Colección: Biblioteca Histórica Asturiana. [[Silverio Cañada]], Gijón, 1989</ref><ref name=Ruiz>Ruiz de la Peña, Ignacio. "Batalla de Covadonga", na ''Gran Enciclopedia Asturiana'', Tomo 5, pp. 167-172. Silverio Cañada, Gijón, 1981</ref> Esta suposta acción bélica considérase como o arranque da [[Reconquista]].
 
A batalla de Covadonga é unha copia do asalto o santuario de Delfos polos gálatas no ano 279 a.C. De aí saen a maior parte dos detalles do episodio bélico: as pedras que rebotan maxicamente e matan os musulmáns que as lanzan, a montaña que se derruba sobre eles, etc... Chégase o extremo de copiar o número exacto de participantes: cento oitenta e sete mil en ambas batallas<ref>{{Cita libro|título=La invención del pasado|apelidos=Murado|nome=Miguel-Anxo|editorial=debate|ano=2013|ISBN=978-84-8306-853-3|páxinas=38-44|ref=}}</ref>.
 
A visión da historiografia española tradicional seria a seguinte:
 
Gobernaba o norte peninsular{{cómpre referencia|data=xaneiro de 2011}} desde [[Xixón]] un [[bérber]] chamado [[Munuza]], cuxa autoridade foi desafiada polos dirixentes astures que, reunidos en [[Cangas de Onís]] en [[718]] baixo o liderado de [[Paio de Asturias|Paio]], tomaron a decisión de rebelarse negándose a pagar impostos esixidos, o ''jaray'' e o ''yizia''. Tras algunhas accións de castigo a cargo de tropas árabes locais, Munuza solicitou a intervención de reforzos desde [[Emirato de Córdoba|Córdoba]]. Aínda que se restou importancia ao que estaba sucedendo no extremo ibérico, o valín [[Ambasa]] enviou ao mando de [[Al Qama]] un corpo expedicionario sarraceno que probablemente en ningún caso alcanzaría a cifra de 180&nbsp;000 homes dada polas crónicas cristiás.<ref name=SA/>