Batalla de Covadonga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:722 mediante HotCat
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Don Pelayo.jpg|220px|miniatura|Estatua de [[Paio de Asturias|Paio]] en [[Covadonga]].]]
A '''batalla de Covadonga''' é un episodio mítico<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Garcia Pérez|nome=Guillermo|data=1994|título=Covadonga, un mito nacionalista católico de origen griego|url=http://oa.upm.es/756/1/guillermo05.pdf|PMC=|revista=El Basilisco|número=17|páxinas=81-94|doi=|ISSN=|PMID=|volume=}}</ref> da historia de España que se supón tivo lugar en [[722]] en [[Covadonga]] ([[España]]), unha paraxe próxima a [[Cangas de Onís]] ([[Principado de Asturias|Asturias]]), entre o exército de [[Paio de Asturias|Paio]] e tropas musulmás, que resultaron derrotadas.<ref name=SA>[[Claudio Sánchez-Albornoz|Sánchez-Albornoz, Claudio]]. "El reino de Asturias. Orígenes de la nación española". Colección: Biblioteca Histórica Asturiana. [[Silverio Cañada]], Gijón, 1989</ref><ref name=Ruiz>Ruiz de la Peña, Ignacio. "Batalla de Covadonga", na ''Gran Enciclopedia Asturiana'', Tomo 5, pp. 167-172. Silverio Cañada, Gijón, 1981</ref> Esta acción bélica considérase como o arranque da [[Reconquista]].
 
Gobernaba o norte peninsular{{cómpre referencia|data=xaneiro de 2011}} desde [[Xixón]] un [[bérber]] chamado [[Munuza]], cuxa autoridade foi desafiada polos dirixentes astures que, reunidos en [[Cangas de Onís]] en [[718]] baixo o liderado de [[Paio de Asturias|Paio]], tomaron a decisión de rebelarse negándose a pagar impostos esixidos, o ''jaray'' e o ''yizia''. Tras algunhas accións de castigo a cargo de tropas árabes locais, Munuza solicitou a intervención de reforzos desde [[Emirato de Córdoba|Córdoba]]. Aínda que se restou importancia ao que estaba sucedendo no extremo ibérico, o valín [[Ambasa]] enviou ao mando de [[Al Qama]] un corpo expedicionario sarraceno que probablemente en ningún caso alcanzaría a cifra de 180&nbsp;000 homes dada polas crónicas cristiás.<ref name=SA/>
Liña 6:
En canto ás forzas de [[Paio de Asturias|Paio]], a historiografía recente cuantifícaas en pouco máis de 300 combatentes. Con elas esperou aos musulmáns nun lugar estratéxico, como o angosto val de Cangas dos [[Picos de Europa]] cuxo fondo pecha o [[monte Auseva]], onde un atacante ordenado non dispón de espazo para manobrar e perde a eficacia que o número e a organización poderían outorgarlle. Alí, en [[722]], produciuse o enfrontamento, cuxa dimensión é descoñecida e que puido tratarse dunha batalla ou unha simple escaramuza. A cuestión é que as tropas sarracenas foron decimadas, obrigando a Munuza a escapar de [[Xixón]], onde se atopaba nese momento. Non logrou fuxir o gobernador musulmán dado que el e as súas tropas atoparon a morte. Un centenar de homes comandados por [[Paio de Asturias|Paio]] ocuparan a soada cova de [[Covadonga]], atacando desde alí ás desconcertadas tropas mouras. Al Qama morreu neste lance, mentres que as súas forzas sufriron grandes perdas na súa desordenada fuxida, ao caer sobre eles unha ladeira debido a un desprendemento de terras, probablemente provocado, preto de [[Cosgaya]] en [[Cantabria]].<ref name=Uria>Erice, Francisco y Uría, Jorge. ''Historia básica de Asturias''. Colección: Biblioteca Histórica Asturiana. Silverio Cañada, Gijón, 1990</ref>
 
Esta vitoria permitiu que o reino{{cómpre referencia|data=xaneiro de 2011}} non volvese ser atacado por forzas musulmás. A batalla de Covadonga supuxo a primeira vitoria dun continxente rebelde contra a dominación musulmá na [[península Ibérica]]{{cómpre referencia|data=xaneiro de 2011}}. Tivo unha ampla difusión na historiografía posterior como detonante do establecemento dunha insurrección organizada que desembocaría na fundación, en primeira instancia, do reino independente de [[Reino de Asturias|Asturias]]{{cómpre referencia}}, e doutros reinos cristiáns que en última instancia culminaría coa formación do [[Reino de España]].<ref name=SA/><ref name="JV2003">[[Julio Valdeón|Valdeón, Julio]]. ''La España medieval''. Actas, S.L., 2003. ISBN 84-9739-002-4</ref><ref name="JV2002">[[Julio Valdeón|Valdeón, Julio]] et al. ''Historia de las Españas medievales''. Editorial Crítica, 2002. ISBN 84-8432-300-5</ref>
 
== Notas ==