Río Connecticut: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Furado (conversa | contribucións)
Tradución do artigo es:Río Connecticut
 
Furado (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 9:
| conca = 29.138 km²
| país = [[Estados Unidos]]
| desemboca = ''[[Long Island Sound]]'' [[Connecticut]]
}}
O '''Connecticut''' é o [[río]] máis grande de [[Nova Inglaterra]], flúe cara ao sur desde os Lagos Connecticut no norte de [[New Hampshire]] , ao longo da fronteira entre New Hampshire e [[Vermont]], a través do oeste de [[Massachusetts]] e o centro de [[Connecticut]], ata o [[estuario]] de ''[[Long Island Sound]]'' en Old Saybrook, Connecticut. Isto supón unha lonxitude total de 640 quilómetros, e unha [[conca fluvial|cunca fluvial]] de 29.138 km². Ten un caudal medio de 521 metros cúbicos por segundo, e a descarga media de auga doce no estuario de ''Long Island Sound'' é de 588 m³/s. O río é navegable ata a cidade de Windsor Locks (Connecticut), aproximadamente a 100 km da desembocadura. O nacemento do río Connecticut é o Cuarto Lago Connecticut en New Hampshire. Algúns dos seus afluentes son os ríos ''Ashuelot'', ''West'', ''Miller's'', ''Mill'', ''Deerfield'', ''White'', e ''Chicopee''. (O ''Swift River'', un afluente do ''Chicopee'', foi substituído en gran parte polo Encoro ''Quabbin'' que proporciona auga a [[Boston]].)
 
O río leva unha gran cantidade de limo, sobre todo durante a derretida da neve na primavera, no afastado norte en [[Quebec]]. A forte concentración de [[légamo]] do río forma unha gran barreira de area preto da súa desembocadura no ''Long Island Sound'' e supuxo historicamente un gran obstáculo para a navegación. A dificultade de navegación polo río é a principal razón de que sexa un dos poucos grandes ríos na rexión sen unha cidade importante preto da súa desembocadura. O estuario do río de Connecticut e o seu complexo de pantanos figuran como un dos 1.616 pantanos de importancia internacional baixo a Convención Ramsar (tratado internacional de conservación dos [[humidais]]).