Diferenzas entre revisións de «Xoana I de Castela»

m
→‎Infanta da Coroa de Castela: Orde dos Predicadores
m (→‎Infanta da Coroa de Castela: Orde dos Predicadores)
Desde nena foi moi fermosa e intelixente recibindo unha coidadosa educación, propia dunha infanta. Como improbábel herdeira de [[Coroa de Castela]], esa educación estivo máis baseada na obediencia que no sentido do goberno, a diferenza dos requisitos da instrución dun [[príncipe]].
 
No estrito ambiente da nómade corte castelá da súa época, Xoana foi alumna avantaxada en comportamento relixioso, boas maneiras e na etiqueta da corte, sen desestimar artes como a [[danza]] e a [[música]], [[equitación]] e o coñecemento das [[linguas románicas]] propias da [[Península Ibérica]] ademais do [[Lingua francesa|francés]] e o [[Lingua latina|latín]]. Entre os seus principais preceptores atopábanse o [[sacerdote]] [[Orde dos Predicadores|dominico]] Andrés de Miranda; a amiga e titora da súa nai, [[Beatriz Galindo]] dita "A Latina"; e, por suposto, a súa propia nai.
 
=== Arquiduquesa de Austria ===
104.550

edicións