Lingua éuscara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Algo
si
Liña 22:
| mapa = [[Ficheiro:Idioma vasco.png|300px]]
}}
O idioma '''éuscaro'''<ref>{{DRAG|éuscaro}}</ref> ou '''vasco'''<ref>{{DRAG|vasco}}</ref> (''euskara'' en lingua vasca) é a lingua tradicional dos [[Pobo vasco|vascos]], falada hoxe no [[País Vasco]] e norte de [[Navarra]] en España, e no [[Departamentos franceses|Departamento]] de [[Pireneos Atlánticos]] en Francia, constitúe unha lingua illada arrodeada por linguas de orixe [[lingua protoindoeuropea|indoeuropea]]. AlgoIaac Noya Vásquez.
 
O éuscaro é unha [[lingua aglutinante]]. Algúns lingüistas considérano unha lingua illada e moi antiga, probablemente oriúnda da lingua dos primeiros pobos que migraron para a [[Europa]]. Outros, a través de comparacións, veno emparentado a linguas ata hoxe faladas no [[Cáucaso]]. De calquera forma, é unha lingua falada ou comprendida por polo menos 800.000 persoas, e que xa era falada moito antes de que os romanos introducisen o [[lingua latina|latín]] na [[Península Ibérica]].
 
Por non ter linguas parentes coñecidas, o vasco é claramente diferente das outras linguas europeas, particularmente daquelas (que son a gran maioría) que teñen relacións de parentesco entre si no interior da familia [[linguas indoeuropeas|indoeuropea]]. Por mor diso, creáronse sobre o éuscaro un gran número de ideas sen base lingüística, tales como o vasco é a lingua máis complexa do mundo; tódolos verbos son pasivos; e moitas outras falsidades. En realidade, o éuscaro é unha lingua coma outra calquera. A súa estrutura sentencial é practicamente idéntica á do [[turco]] ou do [[xaponés]]. A súa [[Morfoloxía (lingüística)|morfoloxía]] é, esa si, bastante pouco común en [[Europa]], mais fóra de Europa poden atoparse sistemas morfolóxicos semellantes ao do vasco en centenas doutras linguas.