Diferenzas entre revisións de «Antonio Tenreiro Rodríguez»

 
== Traxectoria ==
=== Infancia e mocidade ===
Antonio Tenreiro naceu o 5 de xaneiro de 1893 nunha familia de propietarios dunha fábrica de curtidos en [[Pontedeume]] ([[Provincia da Coruña]]), fillo de Ramón Tenreiro Fernández e de Matilde Rodríguez Pastor, irmán do escritor e político [[Ramón Tenreiro Rodríguez]].
 
Cando contaba con 8 anos faleceu o seu pai, ficando baixo a tutela do seu tío materno, Ricardo Rodríguez Pastor. Ricardo era unha persoa destacable dentro da sociedade intelectual e empresarial da época, ocupando cargos como presidente do [[Banco Pastor]] ou conselleiro do [[Banco de España]]. Antonio iniciou en 1913 os seus estudos na [[Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid]] en [[Madrid]], finalizándoos en 1919. Nesta etapa coñeceu ao que foi o seu socio durante toda a súa carreira, o valenciano [[Peregrín Estellés]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Agrasar|2002|pp=136-140}}</ref>
 
=== ComezosInicios profesionais ===
[[Ficheiro:Casa Barrié.JPG|miniatura|Casa Barrié.]]
En 1919 estabeleceu o seu estudio na rúa Benito Gutiérrez de Madrid, con encargos modestos. O ano seguinte gañou xunto con Emilio Moya o concurso de proxectos para a Casa de Correos-Telégrafos de [[Lugo]], onde se instalou.<ref name="Agrasar45">{{Cita Harvard sen parénteses|Agrasar|2002|p=45}}</ref> Cando seu tío Ricardo e seu curmán [[Pedro Barrié de la Maza]] lle engargaron o proxecto da [[Edificio do Banco Pastor da Coruña|sede do Banco Pastor]] en 1920, trasladouse, con Peregrín Estellés, definitivamente á Coruña.<ref name="Agrasar45"/> Foi nese mesmo ano cando tamén casou con Mathilde Brochón Reinmann, coa que tivo catro fillos: Rosa (1921), [[Antonio Tenreiro Brochón|Antonio]] (1923, arquitecto e pintor), Magdalena (1925) e Ramón (1928).<ref name="Agrasar140">{{Cita Harvard sen parénteses|Agrasar|2002|pp=140-1425}}</ref>
32.807

edicións