Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario»

→‎Bolsas de transporte: vou explicando o funcionamento
(→‎Bolsas de transporte: vou explicando o funcionamento)
 
==Bolsas de transporte==
Tal e como se reflicte no presuposto solicitado (que podedes consultar abaixo), temos 19 bolsas para pagar os gastos de transporte dos participantes do evento, cada bolsa é de 30 euros.
Próximamente máis información sobre o tema.
As posibilidades de solicitar estas bolsas son dúas:
* se te achegas nun medio de transporte público, pagaránseche os gastos do billete de ida e volta.
* se te achegas no teu propio coche, pagaránseche 0,19 euros por quilómetro dende a túa localidade ata Ourense, ida e volta.
 
O importe máximo da bolsa é de 30 euros, pero, se despois de abonar todas as solicitudes, sobraran cartos desta partida, a cantidade repartiríase entre a xente que faga máis de 150 quilómetros en función dos quilómetros de máis que fagan.
 
Para reducir os gastos non necesarios, evitar desbotar os recursos e reducir, no posible, a contaminación xerada, pedimos a tódolos participantes que se organicen na páxina de conversa para compartir, sempre que sexa posible, o medio de transporte co que se achegarán a Ourense.
 
===Requisitos===
É preciso ter unha conta para que poidamos facer o ingreso da bolsa, e a maiores, antes de facer o abono, haberá que enviar por correo electrónico ós responsables da bolsa, [[User:Elisardojm|Elisardojm]] e [[User:Estevoaei|Estevoaei]], unha foto dun xustificante dos gastos do transporte (isto é preciso para enviar esa información á Fundación Wikimedia para os seus controis, poden riscarse nas fotos os datos persoais que haxa neses recibos). Os xustificantes poden ser os tíckets do bus, do tren, ou no caso de achegarse en coche, un tícket de repostaxe de combustible por unha cantidade semellante á da bolsa solicitada (non fai falta que sexa polo importe exacto, so é preciso ter un xustificante para acreditar o gasto. Iso si, debería ter data de 9-3-2018 ou 10-3-2018 para que estivera o máis aproximado posible á data do evento.)
<!--
===Lista de solicitantes===
Os que estean interesados en solicitar unha destas bolsas deben apuntarse nesta táboa indicando o seu usuario, lugar dende onde se desplazan, medio de transporte que usan (coche propio, bus, tren, etc.), e importe solicitado (nesta celda haberá que indicar tamén os cálculos necesarios para obter o importe final e facilitar a súa revisión).
{| class="wikitable"
|-
! Usuario !! Lugar de procedencia !! Medio de transporte !! Importe solicitado
|-
| &nbsp; || || ||
|-
| &nbsp; || || ||
|-
| &nbsp; || || ||
|}
-->
 
==Presuposto==
93.519

edicións