Miguel Servet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lotje (conversa | contribucións)
Liña 83:
 
== Xuízo en Xenebra e morte ==
[[Ficheiro:Statue of Michel Servet 1(Michael Servetus) in Annemasse.jpg|dereita|300px|miniatura|Monumento a Servet na praza do Concello de [[Annemasse]] (Francia), vila situada a 4&nbsp;km de Xenebra, ao outro lado da fronteira franco-suíza. A inscrición baixo a escultura di:<br>
''A Miguel Servet, apóstolo das libres crenzas, nacido en Villanueva de Aragón o 20 de setembro de 1511, queimado simbolicamente en Vienne pola Inquisición Católica o 17 de xuño de 1553 e queimado vivo en Xenebra o 27 de outubro de 1553 a instigación de Calvino''.]]
Posibelmente mentres ía rumbo a [[Italia]], por algunha razón Servet acaba facendo unha parada en Xenebra, e foi recoñecido na igrexa onde predicaba o propio Calvino ([[13 de agosto]]). A cidade rexíase polos principios da Reforma, tal como Calvino os definira nas súas ''Ordenanzas eclesiásticas'', baseadas na súa obra magna, ''Institución da relixión cristiá''.<ref>J. Delumeau, ''La Reforma'', Ed. Nueva Clio, 2ª ed., Barcelona, 1973, páxs. 58-60.</ref> Servet foi detido e xulgado por herexía (pola súa negación da Trindade e pola súa defensa do bautismo na idade adulta).