Javier Maté: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 48:
Na tempada seguinte a gran competencia no equipo madridista que xa tiña García Remón e [[Miguel Ángel]] no primeiro equipo fixo que saíse cedido a outro equipo de [[Primeira División Española|Primeira División]], o Burgos CF, onde xogaría dous anos cun papel moi discreto, sendo o suplente de Martín Gorospe.
 
No verán de [[1980]] ficha polo [[Real Club Celta de Vigo]], onde militaría doce tempadas, ata a súa retirada do fútbol profesional. JovierJavier Maté foi o porteiro titular do Celta na década do 80, salvo nos primeiros momentos, cando tivo que disputarlle o posto a Joan Capó, e durante breves períodos por lesión. Durante a súa estancia en [[Vigo]] alternou momentos felices con fracasos, chegando a vivir ata catro ascensos a primeira división. Entre as mellores campañas da súa carreira atópase a tempada [[1987]]-[[1988|88]] na que o Celta finalizou sétimo e Maté foi un dos porteiros máis destacados do campionato.
 
Ao cabo dos anos, a progresión de porteiros máis novos, como [[Patxi Villanueva]] ou [[Santiago Cañizares]], relegárono á suplencia nos dous últimos anos en activo. Retirouse ao rematar a tempada [[1992]]-[[1993|93]] con 36 anos, sendo o futbolista máis veterano de Primeira División do momento, xunto con José Ramón Alexanko.