Uruk-hai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 15:
Na [[The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring|triloxía]] de [[Peter Jackson]], os Uruk-hai de Saruman son creados en foxas debaixo de [[Isengarda]] e cando é o tempo "correcto" son desenterrados por orcos menores que traballan para Saruman. A representación que Jackson fai dos Uruks sendo enxendrados da lama provén da vella descrición de Tolkien como "criado das calores e os limos da terra." Tamén se di que foi o resultado de cruzar orcos e homes-goblin (semiorcos), no canto de orcos e homes. Nos escritos de Tolkien, "goblin" é sinxelamente outro termo para orco.
 
Na adaptación ó cinema, os Uruk-hai son altos, anchos, fortes e con longo pelo negro. Polo xeral, empuñan espadas e picas enganchadas.<ref>{{cita novas|apelidos=Serrano|nome=Arancha|título=Un Uruk-hai de El Señor de los Anillos visita Galicia y enseña sus trucos de maquillaje|url=https://www.20minutos.es/noticia/265178/0/tolkien/orcos/anillos/|dataacceso=15 de febreiro de 2018|obra=20 minutos|data=26 de xullo de 2007}}</ref> O primeiro dos Uruk-hai é [[Lurtz]], unha personaxe creada expresamente para o cinema, que é o primeiro dos Uruk-hai de Saruman en nacer e lidera unha incursión que embosca á Compañía do Anel en Amon Hen. Lurtz fire mortalmente a [[Boromir]], pero é asasinado por [[Aragorn]]. Tamén se amosa que os Uruks levan [[bésta]]s no [[Abismo de Helmo]], malia que Tolkien non menciona esta arma no libro. Os uruks [[Berserker]] tamén foron empregados no asedio de Helmo, tanto para limpar as murallas dos defensores como para detonar minas explosivas e abrir unha fenda no muro. Estes uruks eran moi altos, non levaban armadura e foron preparados para batalla ó poñerse os cascos cheos co sangue dos seus inimigos.
 
Sauron é coñecido por crear os seus propios Uruk-hai, coñecidos como Uruks Negros. Poden verse cando [[Frodo]] é capturado en [[Cirith Ungol]] e a súa cota de ''[[mithril]]'' provoca unha liorta entre Shagrat, un Uruk negro de Mordor, e un orco de [[Minas Morgul]] chamado Gorbag.