Radiación infravermella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 188:
A radiación infravermella divídese, de acordo cos seus efectos biolóxicos e de maneira arbitraria, en tres categorías ou tipos: a radiación infravermella curta (0,8 a 1,5 µm), a media (1,5 a 5,6 µm) e a longa ( 5,6 a 1000 µm). Os primeiros traballos cos diferentes tipos de radiación de infravermellos, informaban das diferentes formas da acción biolóxica dos tres tipos de radiaciób (curta, media e longa).<ref>J. Dover, T. Phillips, K. Arndt ''Cutaneous effects and therapeutic uses of heat with emphasis on infrared radiation'', Journal of the American Academy of Dermatology, Volum 20, no. 2, páxinas 278-286, 1989</ref> Críase que a radiación curta penetraba profundamente na [[pel]] sen causar un aumento importante da temperatura da superficie do [[tecido epitelial]], mentres que a maioría da enerxía da radiación infravermella media e longa era absorbida pola capa superior da pel e a miúdo causaba efectos térmicos prexudiciais, com queimaduras ou proído. Porén, algúns anos máis tarde presentouse unha nova visión da infravermella media e longa demostrando que todas as bandas de radiación producen efectos biolóxicos de rexeneración celular.<ref> Honda, K.; Inoue, S. 1988. ''Sleeping effects of far-infrared in rats'', Int. J. Biometeorol. 32(2):92-94.</ref><ref> Inoue, S.; Kabaya, M. 1989. ''Biological activities caused by far-infrared radiation'', Int. J. Biometeorol. 33:145-150.</ref><ref>Udagawa, Y.; Nagasawa, H. 2000. ''Effects of far-infrared Ray on reproduction, growth, behaviour and some physiological parameters in mice'', In Vivo 14:321-326. </ref>
 
Estudos [[in vitro]] con radiación infravermella curta sobre as [[célula]]s [[Ser humano|humanas]], [[Endotelio|endoteliais]] e [[queratinocito]]s, demostraron un aumento da produción de TGF-β1 ([[factor de crecemento transformante]]-β1) despois dunha única irradiación (36-108 [[Joule|J]]/[[Centímetro|cm]]<sup>2</sup>) e de maneira dependente do tempo para o contido de MMP-2 ([[Metaloproteinasa de matriz]]-2), sendo este último tanto a nivel proteico como transcricional. Estas dúas [[proteína]]s están implicadas na fase de remodelación da reparación das lesións. E estes efectos foron considerados de natureza atérmica porque os modelos utilizados como control térmico non amosaron un aumento na súaasúa expresión proteica.<ref name=danno />
 
== Notas ==