Diferenzas entre revisións de «Radiación infravermella»

sen resumo de edición
== Astronomía ==
[[Ficheiro:Trapezium cluster optical and infrared comparison.jpg|miniatura|esquerda|Dúas imaxes do [[Trapecio de Orión]] na [[Nebulosa de Orión]] captadas polo [[telescopio Hubble]]. A da esquerda corresponde ó espectro visible mentres que a da dereita é unha imaxe tomada por unha cámera de infravermellos e amosa un enxame de estrelas que non se aprecian na imaxe da esquerda.]]
Os astrónomos observen os [[Obxecto astronómico|obxectos astronómicos]] na rexión infravermella do espectro electromagnético utilizando compoñentes ópticos, espellos, lentes e detectores de estado sólido. Para xerar unha imaxe sen interferencias é preciso que os compoñentes dun telescopio de infravermellos esténestean illados de calquera fonte de calor e que os detectores sexan refrixerados, e para esta función utilízase [[helio]] [[líquido]].
 
A sensibilidade dos telescopios de infravermellos situados na Terra é bastante limitada por mor da presenza de [[vapor de auga]] na [[Atmosfera terrestre|atmosfera]] que absorbe unha porción da radiación infravermella que chega do espazo a través dunha fiestra atmosférica (a parte do espectro electromagnético que contén as radiacións que non foron absorbidas ou reflectidas pola atmosfera terrestre). Esta limitación pode ser anulada parcialmente poñendo os [[Observatorio astronómico|observatorios]] a grande [[Altitude|altura]] ([[montaña]]s) ou transportando o telecopio a un avión ou un [[Aeróstata|globo]]. Pero a maneira de eliminar completamente a limitación é poñendo os telescopios fóra da atmosfera da Terra, o [[espazo exterior]] é o emprazamento ideal para este tipo de telescopios de infravermellos.
232.471

edicións