Diferenzas entre revisións de «Radiación infravermella»

Os astrónomos observen os [[Obxecto astronómico|obxectos astronómicos]] na rexión infravermella do espectro electromagnético utilizando compoñentes ópticos, espellos, lentes e detectores de estado sólido. Para xerar unha imaxe sen interferencias é preciso que os compoñentes dun telescopio de infravermellos estén illados de calquera fonte de calor e que os detectores sexan refrixerados, e para esta función utilízase [[helio]] [[líquido]].
 
A sensibilidade dos telescopios de infravermellos situados na Terra é bastante limitada por mor da presenza de [[vapor de auga]] na [[Atmosfera terrestre|atmosfera]] que absorbe unha porción da radiación infravermella que chega do espazo a través dunha fiestra atmosférica (a parte do espectro electromagnético que contén as radiacións que non foron absorbidas ou reflectidas pola atmosfera terrestre). Esta limitación pode ser anulada parcialmente poñendo os [[Observatorio astronómico|observatorios]] a grande [[Altitude|altura]] ([[montaña]]s) ou transportando o telecopio a un avión ou un [[Aeróstata|globo]]. Pero a maneira de eliminar completamente a limitación é poñendo os telescopios fóra da atmosfera da Terra, o [[espazo exterior]] é o emplazamentoemprazamento ideal para este tipo de telescopios de infravermellos.
 
A fracción infravremella do espectro presenta diversos beneficios per os astrónomos, por exemplo, permite detectar as [[Nube molecular|nubes moleculares]] de gas e po da nosa [[galaxia]] porque locen ó ser irradiados pola calor das [[Estrela (astronomía)|estrela]]s que se están a [[Formación estelar|formar]] no seu interior. A infravermella tamén permite a detección das [[protoestrela]]s amtes de que comecen a emetir luz visible. As estrelas só emiten unha pequena parte da súa enerxía na fracción infravermella do espectro electromagnético, por iso os obxectos fríos que hai nas súas proximidades com os [[planeta]]s poden ser máis fácilmentefacilmente detectados (na fracción visible do espectro o resplendor da estrela anula a luz reflectida polo planeta).
 
A radiación infravermella tamén é moi útil para observar os núcleos das [[Galaxia activa|galaxias activas]] que a miúdo son tapados polo gas e o [[Po interestelar|po]] [[Medio interestelar|interestelares]]. As galaxias arredadas cun gran [[desprazamento cara ó vermello]] tendrán un pico no seu espectro desprazado para lonxitudes de onda máis longas, por iso son máis facilmente observables na banda infravermella.<ref name="ir_astronomy">{{Cita web|url=http://www.ipac.caltech.edu/Outreach/Edu/importance.html |título=IR Astronomy: Overview |editor=NASA Infrared Astronomy and Processing Center |dataacceso=2 de decembro de 2009}}</ref>
226.201

edicións