Radiación infravermella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 165:
 
Os investigadores utilizan un aparello chamado [[pirxeómetro]] para medir de xeito continuo a irradiancia terrestre. Trátase dun radiómetro que traballa na banda infravermella, aproximadamente entre os 4,5 e os 50 µm.
 
=== Espectroscopia ===
[[Ficheiro:IR spectrometer.jpg|miniatura|Un espectrómetro de infravermellos Varian Scimitar 1000 FT-IR.]]
A [[espectroscopia de infravermellos]] é unha técnica que se emprega per identificar [[molécula]]s por medio da análise dos seus [[Enlace químico|enlaces]]. Cada enlace químico dunha molécula [[Vibración|vibra]] a unha frecuencia característica e en moitas moléculas esta frecuencia atópase dentro da radiación infravermella. Cando unha molécula absorbe un fotón, pasa do seu [[Estado estacionario|estado fundamental]] a un estado excitado (onde vibra). Nun espectro típico de infravermellos nas [[Sistema de coordenadas cartesianas|abscisas]] atopámonos cunha escala de frecuencias expresada polo [[número de onda]], e nas [[Sistema de coordenadas cartesianas|ordenadas]] a porcentaxe de tansmitancia (o [[División (matemáticas)|cociente]] entre o [[fluxo radiante]] que atravesa un medio e o que incide nel). De xeito que se un material é transparente na radiación infravermella o seu espectro presentarase como unha liña paralela no eixo de abcisas. En troques, no caso dun material que non sexa completamente transparente, verificaranse as absorcións e as transicións entre os [[Nivel de enerxía|niveis de enerxía]] vibracionais. Neste caso, o espectro obtido caracterizarase por unha serie de picos de diferentes alturas que corresponderán a cada unha das transicións.
 
Algúns métodos especializados como a espectroscopia de infravermellos próximos ou NIRS (''Near infrared spectroscopy'') son especialmente utilizados na industria agroalimentaria para analizar a calidade dos produtos agrícolas e dos [[alimento]]s a través da determinación da humidade, proteínas, fibres, etc. Este método tamén se emprega nas industrias químicas, farmacéuticas e petroquímicas.
 
== Notas ==