Espírito Santo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*donante > doador.
Liña 64:
== Representacións ==
 
A máis frecuente é como unha '''pomba'''. Símbolo dunha vida nova rescatada das augas da morte. No antigo testamento tras o [[Diluvio]], [[Noé]] solta unha pomba que volta cunha pola de oliveira, signo dunha vida renacida. Esta simboloxía exprésase tamén nos evanxeos para visualizar a compracencia de Deus en Xesús, no seu bautismo por Xoán no río [[río Xordán]].
 
As '''linguas de lume''' ou chamas, expresan a experiencia de Pentecoste, que impulsa aos primeiros discípulos á saír á luz e proclamar a salvación en Xesús crucificado, morto e resucitado. O Espírito é un fogo devorador que se difunde por toda a terra para transfigurala no amor de Deus. Nas igrexas de Oriente, onde os fieis comungan o sangue de Cristo, botan no viño unha pinga de auga quente, símbolo do lume do Espírito Santo.