Telescopio Hubble: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 77:
Desde o seu lanzamento, o telescopio recibiu varias visitas dos [[astronauta]]s para corrixir diversos erros de funcionamento e instalar equipo adicional. Debido ao [[rozamento]] coa atmosfera (moi tenue a esa altura), o telescopio vai perdendo [[velocidade]] moi lentamente e á vez gañando [[peso]] por mor da [[gravidade|interacción atractiva entre corpos con masa]] (o proceso de deceleración fai que descenda a súa altitude, achegándoo máis á codia terrestre, e aumentando polo tanto a forza de atracción que a Terra posúe sobre o satélite, o que aumenta inda máis o proceso de descenso), de modo que cada vez que é visitado, o [[transbordador espacial]] debe empuxalo a unha órbita lixeiramente máis alta. Deste xeito, conséguese manter a órbita, que fora alterada polos efectos físicos antes mencionados, rozamento e atracción terrestre.
 
A quinta misión de mantemento, prevista para [[2006]], cancelouse. Con ela, estaba previsto que o Hubble acadase o final da súa vida útil en 2010, 5 anos máis tarde do previsto. O fin do Hubble, xa que logo, é incerto, xa que depende da vida dos [[xiroscopio]]s, baterías e o freado atmosférico. A Axencia Espacial Canadense, a ESA e a NASA prevén lanzar en 2019 o telescopio [[James Webb]] para substituír ao Hubble.<ref>https://www.jwst.nasa.gov/</ref><ref>http://www.asc-csa.gc.ca/fra/satellites/jwst/</ref>
 
O 14 de xuño de 2006 a [[Cámara de recoñecemento avanzado]] (siglas en inglés, ACS), un dos instrumentos considerados fundamentais no telescopio, deixou de funcionar. A causa estribaba nun problema de excesiva voltaxe no circuíto de alimentación principal, e puido ser arranxada coa activación do sistema de respaldo. O 30 de xuño a ACS volveu funcionar correctamente. O 31 de outubro de 2006, o Administrador de NASA anunciou a aprobación para unha misión de mantemento. Esta misión de 11 días de duración, pautada tentativamente entre a primavera e o outono de 2008, entraña a instalación de novas baterías, da terceira cámara de ángulo ancho do Telescopio Espacial e dun novo espectrógrafo, así como a reparación os [[xiroscopio]]s.