Telescopio Hubble: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 75:
Para a xeración de [[electricidade]] empréganse dous [[panel solar|paneis solares]] que alimentan as cámaras, os catro motores empregados para orientar e estabilizar o telescopio e os equipos de [[refrixeración]] da cámara infravermella e o espectrómetro que traballan a 93 [[Kelvin|K]].
 
Desde o seu lanzamento, o telescopio recibiu varias visitas dos [[astronauta]]s para corrixir diversos erros de funcionamento e instalar equipo adicional. Debido ao [[rozamento]] coa atmosfera (moi tenue a esa altura), o telescopio vai perdendo [[velocidade]] moi lentamente e, á vez gañando [[peso]] por mor da [[gravidade|interacción atractiva entre corpos con masa]] (o proceso de deceleración fai que descenda a súa altitude, achegándoo máis á codia terrestre, e aumentando polo tanto a forza de atracción que a Terra posúe sobre o satélite, o que aumenta inda máis o proceso de descenso), de modo que cada vez que é visitado, o [[transbordador espacial]] debe empuxalo a unha órbita lixeiramente máis alta. Deste xeito, conséguese manter a órbita, que fora alterada polos efectos físicos antes mencionados, rozamento e atracción terrestre.
 
A quinta misión de mantemento, prevista para [[2006]], cancelouse. Con ela, estaba previsto que o Hubble acadase o final da súa vida útil en 2010, 5 anos máis tarde do previsto. O fin do Hubble, xa que logo, é incerto, xa que depende da vida dos [[xiroscopio]]s, baterías e o freado atmosférico. A NASA prevé lanzar en 2012 un telescopio de nova xeración para substituír ao Hubble.