Diferenzas entre revisións de «Antonio Tenreiro Rodríguez»

→‎Comezos: corrixo ligazón
(→‎Comezos: corrixo ligazón)
Na década de 1920 e nos anos da [[Segunda República Española]] proxectou algunhas das súas obras máis coñecidas, inicialmente dentro do estilo [[eclecticismo (arquitectura)|eclecticismo]], como o [[Edificio do Banco Pastor da Coruña|edificio do Banco Pastor]], que ao finalizar a súa construción era o máis alto do Estado español. Influído pola [[Escola de Chicago (arquitectura)|Escola de Chicago]], destaca polas formas clásicas e neobarrocas do estilo ''[[Beaux Arts]]'', que o propio Tenreiro definiu como "Barroco modernizado", e a aparición de elementos e detalles propios da [[art déco]].<ref name="Agrasar50">{{Cita Harvard sen parénteses|Agrasar|2002|pp=50-51}}</ref> Tamén desta época é a [[casa Barrié]], finalizada en 1926, na que Tenreiro optou por unha obra máis europea, un estilo francés, e cunha frescura nova no deseño dos detalles lonxe da ortodoxia ''Beaux Arts''.<ref name="Agrasar52">{{Cita Harvard sen parénteses|Agrasar|2002|pp=52-58}}</ref> De 1925 é o proxecto da casa Bailly, no [[O Graxal, O Temple, Cambre|Graxal]] ([[Cambre]]),<ref>{{cita novas|url=http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2015/08/23/desproteccion-casas-bailly/988278.html|data=23 de agosto de 2015|dataacceso=6 de decembro de 2015|lingua=castelán|xornal=La Opinión de A Coruña|título=Las casas Bailly, desprotegidas|nome=Sara|apelidos=Vázquez}}</ref><ref name="Agrasar153">{{Cita Harvard sen parénteses|Agrasar|2002|p=153}}</ref> a carón da [[N-VI]], actualmente en estado de ruína ante o abandono das administracións locais e autonómicas. En 1928 recibiu a [[Lexión de Honra francesa]].
 
A partir de 1929 o seu estilo variou, aparecendo elementos do [[expresionismo]], que se aprecian no edificio da Sociedade de Seguros Mutuos, situado na [[Praza de Pontevedra (A Coruña)|praza de Pontevedra da Coruña]], no que destacaban os contrafortes a chanzos da súa fachada. O edificio foi derribado en 1976.<ref name="Agrasar66">{{Cita Harvard sen parénteses|Agrasar|2002|pp=66-68}}</ref> Tamén se observa a mestura do expresionismo co ''art déco'' noutros deseños da época como no seu proxecto para a igrexa de San Pedro de Mezonzo que non se chegou a construír.<ref name="Agrasar74">{{Cita Harvard sen parénteses|Agrasar|2002|pp=74-78}}</ref>
 
En 1930 foi nomeado arquitecto municipal da Coruña, e nesta década realizou, entre outros, os proxectos do Cine Savoy, na [[rúa Real (A Coruña)|rúa Real]] (derribado en 1966), do [[Mercado Municipal de Santo Agostiño|mercado de Santo Agostiño]], da Casilla-Biblioteca "Menéndez Pidal", nos [[xardíns de Méndez Núñez]], e a estación de servizo en Catro Camiños (demolida en 1997),<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/09/28/4112265.shtml?idioma=galego Homenaje a una estación de servicio con mucha solera]</ref> nas que se pode contemplar unha transición do ''déco'' á [[Movemento Moderno|Modernidade]].
32.818

edicións