Racismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias}}
{{1000}}
[[Ficheiro:Kkk1928.jpg|300px|miniatura|dereita|Marcha do [[Ku Klux Klan]] en [[1928]] en [[Washington, D.C.|Washington]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].]]O '''racismo''' é un modo de pensar, unha [[filosofía]] social biolóxico-cultural, unha actitude e/ou un sistema social que propugna e afirma que a xente de diferentes grupos humanos son diferentes en valor, en base ás súas características físicas hereditarias, e determinados trazos de [[carácter]] e [[intelixencia]] ou manifestacións culturais; que esas diferenzas poden ser medidas ou catalogadas xerarquicamente e que teñen consecuencias en vantaxes económicas, políticas e sociais dun grupo en relación aos demais.
 
Esta crenza da existencia de razas humanas, superiores e inferiores, utilizouse moitas veces para xustificar a [[escravitude]], o dominio de determinados pobos por outros, e os [[xenocidio]]s que ocorreron ó longo da [[historia]] da humanidade.
Liña 7 ⟶ 8:
O racismo non é unha teoría científica, senón un conxunto de opinións [[prexuízo|preconcibidas]] onde a principal función é darlle valor ás diferenzas biolóxicas entre os seres humanos, de forma que algúns se consideran superiores ós outros conforme coa súa matriz racial.
 
O ser humano actual constitúe unha única especie. Así e todo, presenta unha visible variabilidade morfolóxica que deu lugar ó concepto de [[raza]]. Este concepto pode conducir a un uso ideolóxico da idea de ''raza'' que pode levar ó '''racismo'''.
 
== Racismo e outras discriminacións de tipo racial ==
=== Racismo propiamente dito ===
O termo '''''"racismo"''''' aplícase xeralmente ás accións dun grupo dominante nunha [[sociedade]] sobre os outros, posto que os grupos máis débiles teñen menos probabilidades de manifestaren publicamente condutas racistas en contra dun grupo máis numeroso por razóns prácticas.
 
O racismo comporta as seguintes afirmacións:
Liña 22 ⟶ 23:
 
=== Discriminación racial ===
Porén, coñecemos como '''''"discriminación racial"''''' o feito de outorgar ou reter dereitos ou privilexios baseándose na [[raza]], ou ben rexeitar o trato ou asociación con persoas pola raza.
 
=== Racialismo ===
Liña 42 ⟶ 43:
 
=== O nazismo ===
[[Ficheiro:Antisemitisme Duitsland 1933.jpg|miniatura|Alemaña nazi: "Non compre aos xudeus!"]]
:''ver artigo [[Nazismo#Teoría ideolóxica]].''
{{Artigo principal|nazismo}}
[[Ficheiro:Antisemitisme Duitsland 1933.jpg|esquerda|miniatura|200px|Alemaña nazi: "Non compre aos xudeus!"]]En [[1899]], o inglés [[Houston Stewart Chamberlain]], chamado ''O antropólogo do káiser'', publicou na [[Alemaña]] a obra ''Die Grundlagen des neunzehnten Jahrhunderts'' (Os fundamentos do [[século XIX]]). Esta obra trouxo de volta o mito da raza aria, identificándoa co pobo alemán.
 
[[Alfred Rosenberg]] tamén creou obras que reforzaron a teoría da superioridade racial. Estas foron aproveitadas polo programa político [[nazismo|nazi]] de cara á unión dos alemáns utilizando a identificación dos trazos raciais específicos. Como a "raza alemá" estaba bastante mesturada, isto é, non había unha normalidade de trazos fisionómicos, definíronse entón ''razas'' inimigas, reforzando desta forma un sentimento de hostilidade e aversión dirixido a persoas e cousas estranxeiras. Deste xeito, os nazis usaron a xenofobia asociada ó racismo, atribuíndo a individuos e grupos sociais actos de discriminación para amalgamar o pobo alemán contra o que era diferente. A escravización dos pobos da [[Europa oriental]] e a persecución ós [[xudeu]]s eran as probas pretendidas polos nazis da superioridade da raza aria sobre os demais ‘‘grupos diferentes’‘ e raciais.
 
=== O apartheid ===
[[Ficheiro:ApartheidSignEnglishAfrikaans.jpg|miniatura|esquerda|150px|Cartel en [[Suráfrica]] coa indicación ''Soamente para brancos''.]]
:''ver artigo{{Artigo principal [[|Apartheid]].''}}
[[Ficheiro:ApartheidSignEnglishAfrikaans.jpg|dereita|miniatura|200px|Cartel en [[Suráfrica]] coa indicación ''Soamente para brancos''.]]Unha demostración vergoñosa sobre o racismo ocorreu en pleno [[século XX]], a partir de [[1948]] en [[Suráfrica]], cando o [[apartheid]] mantivo a poboación africana so o dominio dun pobo de orixe europea. Este réxime político racista acabou cando por presión mundial se convocaron as primeiras eleccións para un goberno multirracial de transición, en abril de [[1994]].
 
=== Israel ===
[[Ficheiro:AbuDisWall.jpg|esquerda|miniatura|250px300px|O muro entre [[Abu Dis]] e [[Xerusalén]], xuño de [[2004]].]]
En [[1975]], por presión dos países árabes e co apoio dos [[URSS|soviéticos]], o [[sionismo]] foi considerado unha forma de racismo pola [[Resolución 3379 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas]]. Porén, en [[1991]], esa acusación eliminouse pola [[Resolución 4686 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas]].
 
En [[2002]], o Parlamento israelí aprobou unha lei que nega os cidadáns de orixe árabe do país o dereito de conviviren cos seus cónxuxes en caso de contraeren matrimonio con palestinos, pois a estes será recusada a permisión de residencia no país. A lei foi levada a xuízo por diversas entidades de dereitos humanos, aínda que o [[15 de maio]] de [[2006]] foi confirmada pola ''Suprema Corte de [[Israel]]''.<ref>[http://www.ansa.it/ansalatinabr/notizie/fdg/200605141822241820/200605141822241820.html Israel nega dereito de reunificación de familias]{{ligazón morta}} (ansa.it)</ref>
 
A [[Asociación polos dereitos civís no Israel]] alega un ''plan de prácticas discriminatorias do Israel'', a ''flagrante e sistémica discriminación dos palestinos coa única base na súa orixe nacional ... reminiscencia de políticas características do réxime do [[Apartheid]].''<ref>[http://www.ohchr.org/english/bodies/cerd/docs/ngos/acri-ShadowReport.pdf] {{ligazón morta}} Office of the United Nations High Commissioner for Human Rights.</ref>
 
== Racismo e xenofobia ==
Moitas veces o racismo e a [[xenofobia]], malia seren fenómenos distintos, poden considerarse paralelos e dunha mesma raíz, isto é, acontece cando un determinado grupo social comeza a hostilizar a outro por calquera motivo. Esta antipatía xera un movemento polo que o grupo máis poderoso e homoxéneo hostiliza o grupo máis feble, ou diferente, pois o segundo non acepta seguir as mesmas regras e principios ditados polo primeiro.
 
== Día Internacionalinternacional ==
O ''Día Internacional pola abolición da discriminación racial'' é o [[21 de marzo]].
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
==Véxase tamén==
{{commonscat|Racism}}
{{wikiquote}}
=== Bibliografía ===
* [[Miguel Salas|Salas, Miguel]]: [https://www.um.es/tonosdigital/znum16/secciones/estudios-17-Racismo%20nacionalista.htm "Racismo nacionalista en la literatura galleguista de los siglos XIX y XX"] Universidade de Linguas Estranxeiras de [[Dalian]], [[República Popular da China|China]] {{Es}}.
{{Ampliar}}
===Outros artigos===
* [[Aporofobia]]