Henrique López Veiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Estudou [[bioloxía]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde se doutorou, e axiña entrou a traballar no sector pesqueiro e da investigación, e dende [[1972]] a [[1978]] realizou tarefas de pescuda no [[Instituto de Investigacións PesqueirasMariñas]] de [[Vigo]]. Así, cursou en paralelo a carreira de [[economía]] en [[Suráfrica]] ([[1978]]). Foi nomeado secretario técnico da sociedade Cooperativa de Armadores de Pesca Pesca do [[portoPorto de Vigo]], e a partir de [[1982]] foi o seu director.
 
En agosto de [[1987]] aprobou unhas oposicións para a [[Comisión Europea]] e ocupou diversos empregos na direcciónDirección xeralXeral de Pesca e na de Mercados e Recursos Externos, onde acadou o posto de xefe de división de Estruturas da Pesca.
 
Aínda que membro do [[Partido Popular Galego]] (1976) de [[Xaime Illa Couto]] e, máis tarde, do [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]] durante a transición, afiliouse posteriormente ao [[Partido Popular de Galicia]]. [[Manuel Fraga Iribarne]] nomeouno [[Consellería do Mar|conselleiro de Pesca]] (1990-1993). Dende este cargo, asumiu a tarefa de regulación do sector mediante a ''Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros'' e a ''Lei 6/1993, de 11 de maio de Pesca de Galicia''. Impulsou o [[Centro de Control do Medio Mariño]], adicado dende [[1992]] ao control da calidade das augas destinadas a produtos do mar para o consumo humano, o Servizo de Salvamento marítimo SOS Galicia, creado en 1991.<ref>Galicia 2003, Xunta de Galicia, pp 407 e 409. ISBN 84-453-3459-X</ref> e un seguro colectivo de accidentes no mar.