Erros e Tánatos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Añadín contido.
Añadín contido.
Liña 33:
* '''O amigo Delmiro''': Un [[Emigración galega|emigrante galego]] en [[Salvador, Baía|Salvador]] está xubilado e reláxase paseando. A súa filla ten medo polos continuos atracos que hai, mais o ancián non lle fai caso. Un día achégase a el un home que se presenta como Delmiro e que di ser amigo do seu fillo. O vello, Antonio Castro, convídao a ir até a súa casa para lle dar o teléfono do fillo. Na casa a neta desconfía e dillo ao avó. Este, tranquilo, dille que o descoñecido está a falar por teléfono co seu fillo. A neta dille ao descoñecido que lle pase o teléfono, mais córtase a liña. Suspicaz, a neta saca un revólver e o descoñecido bota a correr, e a neta dispáralle desde o balcón. Ao cabo, soa o teléfono e o fillo de Antonio explica que estaba a falar co seu amigo Delmiro e que se cortou a liña.
* '''Tinta chinesa''': en setembro de 1993 o protagonista serve de anfitrión ao escritor galés Arthur M. Morgan na celebración co congreso do [[Pen Club Internacional]], que se celebra no [[Hostal dos Reis Católicos]] de [[Santiago de Compostela]]. Logo de cearen saen de troula. O galés pide ir a un prostíbulo, e o protagonista lévao a preto do [[O Milladoiro, Biduído, Ames|Milladoiro]]. Alí coinciden cun vello coñecido, que axiña se fai amigo do galés. De volta a Compostela, teñen un accidente na [[A Ponte da Rocha, Conxo, Santiago de Compostela|Ponte da Rocha]]. Chaman a un [[taxi]], e Morgan dálle cartos ao taxista para que un guindastre leve o coche a un taller.<br>Xa pola mañá o protagonista dille a Morgan que no xantar ha coincidir con Cecil Hiraeth-Llewellyn, outro escritor galés co que Morgan se leva mal, e este ofrece vinte mil [[Libra esterlina|libras]] aos homes por se desfaceren del, ou cinco mil a repartir se son intermediarios. O penúltimo día do congreso, Cecil Hiraeth-Llewellyn aparece morto na bañeira do seu hotel, e o protagonista sospeita que o seu coñecido se encargou de o matar. Un mes despois recibe unha carta desde [[Cardiff]] cun cheque por 2 500 libras e unha nota en [[lingua galesa]]. O protagonista busca o seu coñecido mais non o atopa, e vai a comisaría para informar á policía do sucedido.<br>Logo da morte de Morgan nun accidente de tráfico en [[Copenhaguen]], entrevistan o protagonista na televisión e conta todo o que pasou. Un galés agrédeo, ofendido, e ao pouco chega á policía. Esta infórmao de que o seu coñecido está nun centro de desintoxicación, e de que a nota que lle mandara Morgan desde Gales indica que o cheque é para cubrir a reparación do coche accidentado.
* '''Decoración e interiorismo''':
* '''Decoración e interiorismo''': Amalia e Roberto viven nun piso. Os veciños de abaixo van facer obras e xuntar dous pisos nun. Trátase de Paulino Servoi, un empresario millonario. Ela non está a gusto coas obras polo rebumbio que montan, discute con Roberto, que está de viaxe, e acaba tendo un romance co suposto veciño de abaixo, mesmo se plantexa deixar ó seu marido, pero ó final volve o seu marido, quedan cos veciños para coñecerse e o home co que estivo resultou ser un decorador valenciano un pouco caretas do que non volveu a saber nada.
* '''O home do saco''':
* '''O home do saco''': Ambientado en Lalín en 1946, a nai usa o conto do home do saco para conseguir que o neno vaia canto antes para casa e sen meterse en líos. Pero o neno quédase coa cara do home que viron pola rúa e pensa de verdade que é el, e sente medo cada vez que se cruzan. Un día que se sente perseguido polo home do saco no medio dunha nevada, o neno fuxe e agóchase nunha tenda dun familiar. A mala sorte é que a tenda estaba baleira e o neno séntese atrapado, descolga unha escopeta da parede (espingarda) e zúmballe dous tiros ó home do saco, que resultou ser o pai dun compañeiro da escola. Primeiro deteñen a Amadeo, o empregado da tenda; despois o neno confesa ante un xuíz que, para non culpar ó neno, culpa ós ladróns da curva de Bergazos. Así, ó cabo dun tempo, deteñen ós ladróns, uns morren no tiroteo e outros son condenados a morte no medio do escurantismo propio da ditadura. Así se resolve este suceso para o neno, pero o seu pobre compañeiro Pedriño de Lores queda sen pai.
* '''A proba do alfinete''':
* '''Balangandán''':