Diferenzas entre revisións de «Radiación infravermella»

=== Visión nocturna ===
Os infravermellos tamén se empregan nos equipos de [[visión nocturna]] cando a cantidade de [[luz visible]] é insuficiente para ver os obxectos.<ref name="how nightvision works">{{Cita web|título=How Night Vision Works |editor=American Technologies Network Corporation |url=http://www.atncorp.com/HowNightVisionWorks |dataacceso=2 de decembro de 2009}}</ref> Os dispositivos de visión nocturna funcionan por medio dun proceso que convirte os [[fotón]]s da luz ambiente en electróns que son amplificados empregando métodos químicos e eléctricos e despois convertidos outra volta en luz visible,<ref name="how nightvision works"/> que se presenta nunha pantalla en forma de imaxes que poden ser monocromas, os obxectos máis quentes amósanse como os máis luminosos, ou tamén se pode empregar un sistema de falsas [[cor]]es para representar as diferentes temperaturas. A utilización de fontes de radiación infravermella permite aumentar a cantidade de luz ambiente que pode ser utilizada polos dispositivos de visión nocturna para xerar as imaxes, incrementando a visibilidade sen utilizar luz visible.<ref name="how nightvision works"/> Os aparellos de visión nocturna estendéronse entre os [[exército]]s de moitos países porque permiten as operacións militares durante a noite en mellores condicións de visibilidade dos obxectivos.
 
=== Comunicacións ===
[[Ficheiro:Mobile-infrared.jpeg|miniatura|Un teléfono móbil cun porto de comunicación por infravermellos de tipo IrDA. Por medio desta canle podemos intercambiar información entre o ordenador e o teléfono, teléfonos, imaxes, sons, etc.]]
A transmisión de datos a través da radiación infravermella tamén se emprega en aplicacións de comunicación a curta distancia, como por exemplo entre os [[ordenador]]es e os seus [[periférico]]s, ou entre os ordenadores e os [[Ordenador de peto|PDA]] ou os [[Teléfono móbil|teléfonos móbiles]]. Estes aparellos que incorporan este tipo de comunicación seguen polo xeral un estándar publicado pola ''Infrared Data Association'' ou [[IrDA]]. Outro uso moi común é o que fan os [[control remoto|controis remotos]], que empregan os infravermellos no canto de ondas de radio, xa que así non interfiren con outros sinais electromagnéticos como os sinais de televisión. Os infravermellos son axeitados para ser utilizados en interiores e en presenza das persoas, non traspasan as paredes e non poden interferir cos aparellos que poida haber noutras habitacións. Tanto os controis a distancia com os aparellos IrDA utilizan [[LED|díodos emisores de luz]] para xerar unha radiación infravermella que pasa por unha [[lente (óptica)|lente]] de plástico. Do lado do receptor hai un [[fotodíodo]] de silicio que convirte a radiación infravermella que recibe nunha [[corrente eléctrica]], e que só responde ó sinal premendo o botón que crea o emisor, filtrando a radiación infravermella do ambiente, que cambia pouco a pouco.
 
A [[comunicación óptica]] a través do aire utilizando un [[láser]] de infravermellos é unha alternativa relativamente barata (especialmente se se compara co custo dunha ligazón de fibra óptica) para ligazóns de comunicacioós a áreas urbanas, estas ligazóns operan a máis de 4 xigabit/s (4000 Mbps).
 
Nas comunicacio¡óns a través de fibra óptica utilízanse láseres de infravermellos para conseguir a luz precisa para transmitir a información, a radiación utilizada acostuma a ser dunha lonxitude de onda a redor de 1330 nm (se se quere acadar unha mínima [[Dispersión óptica|dispersión]]) ou 1550 nm (para acadar unha mellor transmisión) no caso das fibras ópticas estándardes de silicio.
 
== Notas ==
226.201

edicións