Diferenzas entre revisións de «Radiación infravermella»

A radiación infravermella está asociada a miúdo coa [[calor]], xa que os obxectos a [[temperatura]] ambiente ou superior emiten radiación principalmente concentrada na banda da infravermella media. Iso permite empregar os infravermellos para determinar a temperatura de obxectos a distancia (se se coñece a [[emisividade]]). Esta técnica chámase [[termografía]] ou, no caso de obxectos moi quentes, [[pirometría]]. A termografía emprégase basicamente en aplicacións industriais e militares.
 
As [[Cámara térmica|cámaras térmicas]] detectan a radiación infravermella entre os 900 e os 14.000 nm do espectro electromagnético (0,9 a 15 µm) e producen imaxes. Tendo en conta que a radiación infravermella é emitida por todos os obxectos en función da súa temperatura, de acordo coa lei da radiación dun [[corpo negro]], a termografía fai posible “ver” oa entornocontorna coa iluminación visible ou sen ela. A cantidade de radiación que emite un obxecto medra coa temperatura, polo tanto, a termografía permite ver a variación da temperatura dos corpos, de aquí o seu nome.
 
== Notas ==
224.547

edicións