Diferenzas entre revisións de «Radiación infravermella»

 
== Aplicacións dos raios infravermellos ==
=== Termografía ===
[[Ficheiro: Infrared dog.jpg|dereita|miniatura|250px|Can visto con raios infravermellos.]]
Os infravermellos son utilizados nos equipamentos de visión nocturna cando a cantidade de luz visible é insuficiente para ver os obxectos. A radiación é detectada e despois reflectida nunha tela. Os obxectos máis quentes se converten nos máis luminosos. Un uso moito común do infravermello é para para efectuar comandos a distancia (telecomandos), preferibles ás [[ondas de radio]] por que non sofren interferencias doutras ondas electromagnéticas como. por exemplo, os sinais de televisión.
 
A radiación infravermella está asociada a miúdo coa [[calor]], xa que os obxectos a [[temperatura]] ambiente ou superior emiten radiación principalmente concentrada na banda da infravermella media. Iso permite empregar os infravermellos para determinar a temperatura de obxectos a distancia (se se coñece a [[emisividade]]). Esta técnica chámase [[termografía]] ou, no caso de obxectos moi quentes, [[pirometría]]. A termografía emprégase basicamente en aplicacións industriais e militares.
Os infravermellos tamén son utilizados para comunicación a curta distancia entre os [[ordenador]]es e os seus [[periférico]]s. Os aparellos que utilizan este tipo de comunicación cumpren xeralmente un patrón publicado pola [http://www.irda.org Infrared Data Asociation].
 
As [[Cámara térmica|cámaras térmicas]] detectan a radiación infravermella entre os 900 e os 14.000 nm do espectro electromagnético (0,9 a 15 µm) e producen imaxes. Tendo en conta que a radiación infravermella é emitida por todos os obxectos en función da súa temperatura, de acordo coa lei da radiación dun [[corpo negro]], a termografía fai posible “ver” o entorno coa iluminación visible ou sen ela. A cantidade de radiación que emite un obxecto medra coa temperatura, polo tanto, a termografía permite ver a variación da temperatura dos corpos, de aquí o seu nome.
A luz utilizada nas [[fibra óptica|fibras ópticas]] é xeralmente de infravermellos.
 
== Notas ==
226.201

edicións