Viveiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito poboación, obtido de wikidata
m arranxiño
Liña 54:
O seu [[termo municipal]] está situado na rexión costeira da [[Mariña de Lugo|Mariña]], ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo [[río Landro]], que se estende polo sur dende os pedemontes da [[Serra do Xistral]], e que desemboca ó norte na [[ría de Viveiro]], que é unha das rías pertencentes á rexión das [[Rías Altas]], que desembocan ó [[mar Cantábrico]].
 
A fundación de Viveiro data da [[Idade dode Ferro]], como se pode ver nos numerosos [[Sitio arqueolóxico|sitios arqueolóxicos]] de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva o seu casco antigo.
 
Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a [[Semana Santa de Viveiro]], a [[Rapa das Bestas de Candaoso]] e a [[Romaría do Naseiro]], estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.