Contido eliminado Contido engadido
Viascos (conversa | contribucións)
Viascos (conversa | contribucións)
Liña 13:
= Traballos en Progreso =
 
== Carl von Linné (galego) =={{Feito}}
 
== Taxonomía linneana ==
 
[[Ficheiro:Linnaeus - Regnum Animale (1735).png|miniatura|dereita|Táboa do reino [[animal]] da primeira edición de ''[[Systema Naturae]]'' (1735). Obsérvese a ausencia de [[filo]]s e [[orde (bioloxía)|ordes]], na clasificación conxunta de [[réptiles]] e [[anfibios]] na clase ''Amphibia'', na de todos os [[artrópodo]]s na clase ''Insecta'' e a existencia dunha única clase ''Vermes'' para todos os outros [[invertebrados]], entre os cales hai unha familia chamada ''Reptilia'' (en [[latín]], os animais que reptan ou se arrastran) que inclúe desde as [[tenia]]s ata os [[anélidos]] e as [[lesma]]s, pero non os [[Caracol|caracois]].]]
 
=== Antecedentes ===
 
O zoólogo [[Rumphius]] (1627–1702) tiña máis ou menos unha aproximación do sistema linneano e o seu material contribuíu ó desenvolvemento posterior da clasificación científica binomial de Linné.<ref>{{cite book |last=Monk, |first=K.A. |author2=Fretes, Y. |author3=Reksodiharjo-Lilley, G. |title=The Ecology of Nusa Tenggara and Maluku |publisher=Periplus Editions Ltd. |year=1996 |page=4|location=Hong Kong |isbn=962-593-076-0}}</ref> Tamén con anterioridade existiran xa intentos de introducir certa orde na aparente confusión que supón a inxente proliferación de seres vivos. Os primeiros que abogaron por establecer unha clasificación o máis práctica e sinxela posible foron [[Augustus Quirinus Rivinus|Rivinius (A.Bachman)]] ([[1652]]-[[1723]]) en [[Alemaña]], e
[[Joseph Pitton de Tournefort|J. P. de Tournefort]] (1656-1708)en [[Francia]] mediante a introdución dun sistema clasificatorio natural baseado na realidade obxectiva das especies, os xéneros e as clases. Case simultaneamente [[John Ray]] ([[1627]]-[[1705]]) redactou unha obra monumental, ''Historia plantarum generalis'' (1686-1704), na que intentou distribuír dun xeito racional as plantas e definir con precisión, basicamente, a noción de especie a través do establecemento das súas relacións cunha comunidade de orixe.<ref name="Ilse">{{cita libro |apelido1= Jahn|nome1= Ilse|apelido2= Löther|nome2= Rolf|apelido3= Senglaub|nome3= Konrad|título= Historia de la biología|dataacceso= 22 de decembro de 2017|lingua= es|ano= 1990|editorial= Labor|lugar= Barcelona|isbn= 84-335-5744-0|capítulo= |páxinas= 155-7, 239|cita= John Ray, profesor de latín e grego en [[Universidade de Cambridge|Cambridge]]. Personalidade máis influinte na sistemática vexetal e animal no século XVII, e fundador da sistemática en bioloxía según Linné}}</ref>
 
Os traballos de Tournefort e John Ray tiveron continuidade nas investigacións iniciais de Linné no campo da [[botánica]], que se centraron no estudo dos [[estame]]s e os [[pistilo]]s, e que o induciu a pensar que podería introducir unha nova e mellor clasificación das plantas, baseada no estudo do seu [[Sistema reprodutor|aparello reprodutor]].<ref name="Ilse"/>
 
{{Cita centrada|Unha especie non pode proceder da semente doutra distinta (John Ray)<ref name="Solomon2">{{cita libro |apelido1= Jahn|nome1= Ilse|apelido2= Löther|nome2= Rolf|apelido3= Senglaub|nome3= Konrad|título= Historia de la biología|dataacceso= 22 de decembro de 2017|lingua= es|ano= 1990|editorial= Labor|lugar= Barcelona|isbn= 84-335-5744-0|capítulo= |páxina= 219|cita= }}</ref>}}
 
=== Nomenclatura e clasificación linneanas ===
 
O establecemento de convencións aceptadas universalmente para o nomeado de organismos foi a principal contribución de Linné á [[taxonomía]], o seu traballo marca o punto de comezo do uso consistente da [[nomenclatura binomial]], na cal se empregan dúas palabras en [[latín]], unha representando o [[xénero (bioloxía)|xénero]] (coa primeira letra escrita en maiúscula), e a outra representando a [[especie]] (en minúscula), para bautizar todos os organismos vivos.<ref name="Reveal 1993 p. 160-161">[[#Reveal|Reveal & Pringle (1993)]], p.&nbsp;160–161.</ref> Durante a expansión do coñecemento da historia natural no [[século XVIII]], Linné tamén desenvolveu a que foi coñecida como a ''[[taxonomía linneana]]'', '''na que se basea''' o sistema de [[clasificación científica]] usada actualmente nas [[bioloxía|ciencias biolóxicas]].<ref>{{cita libro |apelido1= Solomon|nome1= Elda P.|apelido2= Berg|nome2= Linda R.|apelido3= Martin|nome3= Diana W.|título= Biología|dataacceso= |lingua= es|edición= 5ª|ano= 2001|editorial= McGraw-Hill Interamericana|lugar= Mexico D.F.|isbn= 970-10-3368-X|páxina= 12}}</ref>
 
O sistema linneano clasificaba a natureza dentro dunha [[xerarquía|xerarquía aniñada]], comezando con tres [[reino (bioloxía)|reinos]]. Os reinos estaban divididos en [[Clase (bioloxía)|clase]]s e estes, á súa vez, en [[Orde (bioloxía)|orde]]s, e de aí en [[Xénero (bioloxía)|xénero]]s, que foron divididos en [[especie]]s, a unidade básica de clasificación.<ref>[[#Simpson|Simpson (1961)]], p.&nbsp;16–19.</ref> Debaixo do rango de especie algunhas veces recoñeceu [[taxon|taxons]] de [[categoría taxonómica|categoría]] inferior (sen nome), que máis tarde acadarían nomes estandarizados como ''[[Variedade (bioloxía)|variedade]]'' en botánica e ''[[subespecie]]'' en zooloxía.<ref>{{cita libro |apelido1= Jahn|nome1= Ilse|apelido2= Löther|nome2= Rolf|apelido3= Senglaub|nome3= Konrad|título= Historia de la biología|dataacceso= 22 de decembro de 2017|lingua= es|ano= 1990|editorial= Labor|lugar= Barcelona|isbn= 84-335-5744-0|capítulo= |páxina= 223, 239|cita= Linné creou un sistema de clasificación simplificado, [...] fácil de manexar e costruido de xeito regular}}</ref>
 
Linné foi o primeiro científico que utilizou os símbolos do escudo e a lanza de [[Símbolo de Marte|Marte]] e o espello de [[Símbolo de Venus|Venus]] para indicar, respectivamente, macho ♂ e femia ♀.<ref>{{cita publicación|apelido=Stearn|nome=William T.|título=The Origin of the Male and Female Symbols of Biology|revista=Taxon|data=Maio 1962|lingua=en|volume=11|issue=4|páxinas=109–113|jstor=1217734|doi=10.2307/1217734}} "No seu Systema Naturae (Leyden, 1735) [Linnaeus] empregounos na súa tradicional asociación cos metais. O seu primeiro uso en bioloxía é na disertación de Linné ''Plantae hybridae xxx sistit J. J. Haartman'' (1751) cando discutindo sobre a hibridación das plantas Linné referiuse á suposta femia da especie co símbolo ♀, ó individuo macho co símbolo ♂, ó hibrido con ☿ 'matrem signo ♀, patrem ♂ & plantam hybridam ☿ designavero'. En sucesivas publicacions mantivo os símbolos ♀ e ♂ para individuos machos e femias pero descartou ☿ para os híbridos; estes últimos son agora sinalados polo signo de multiplicación ×. A primeira vez que Linné empregou os simbolos ♀ e ♂ de xeito general foi na súa obra ''Species Plantarum'' (1753) escrita entre 1746 e 1752 amosando una visión xeral do reino vexetal tal e como se coñecía naquel tempo." (p. 110)</ref><ref>{{Cita web|url=https://www.biografiasyvidas.com/biografia/l/linne.htm|páxina-web=https://www.biografiasyvidas.com/|título=Carl von Linné [Linneo]|data-acceso=20 de decembro de 2017}}</ref>
 
Defensor do [[fixismo]], e a inmutabilidade das especies e xa que logo contrario á idea da evolución, consideraba que todas se crearon por separado no inicio dos tempos.<ref>{{cita libro |apelido1= Jahn|nome1= Ilse|apelido2= Löther|nome2= Rolf|apelido3= Senglaub|nome3= Konrad|título= Historia de la biología|dataacceso= 22 de decembro de 2017|lingua= es|ano= 1990|editorial= Labor|lugar= Barcelona|isbn= 84-335-5744-0|capítulo= |páxina= 223|cita= Linné explicaba os fenómenos de novas formas vexetais como alteracións non hereditarias surxidas por "causas circunstanciais" como o clima, o solo, calor, vento, etc., ou ben surxidas por hibridación}}</ref>
 
{{Cita centrada|Hai tantas especies como formas diversas produxo nun principio o ser infinito (C. Linné)<ref name="Solomon2"/>}}
 
=== A taxonomía linneana no contexto actual ===
 
Dado que as ideas de Linné eran [[fixismo|fixista]] e a bioloxía dos últimos 150 anos viuse transformada drásticamente polas ideas evolucionistas a partir dos traballos de [[Charles Darwin|Darwin]], resulta comprensible que os sistemas de clasificación dos seres vivos teñan cambiado para reflexar ese cambio de paradigma nas ciencias biolóxicas.<ref name="Solomon">{{cita libro |apelido1= Solomon|nome1= Elda P.|apelido2= Berg|nome2= Linda R.|apelido3= Martin|nome3= Diana W.|título= Biología|dataacceso= |lingua= es|edición= 5ª|ano= 2001|editorial= McGraw-Hill Interamericana|lugar= Mexico D.F.|isbn= 970-10-3368-X|páxina= 472}}</ref> Emporiso, os traballos de Linné influíron a Darwin e [[Charles Lyell|Lyell]] e axudaron a sentar as bases sobre as que se desenvolverían as teorías evolucionistas<ref>{{cita libro |apelido1= Jahn|nome1= Ilse|apelido2= Löther|nome2= Rolf|apelido3= Senglaub|nome3= Konrad|título= Historia de la biología|dataacceso= 22 de decembro de 2017|lingua= es|ano= 1990|editorial= Labor|lugar= Barcelona|isbn= 84-335-5744-0|capítulo= |páxina= 239, 253, 332, 343, 371|cita= Linné sinalara a superprodución de descendentes na natureza e a loita constante entre todos os organismos, pero coa intención de interpretar o plan divino da creación}}</ref>.
 
Linné estableceu a súa clasificación baseándose nas diferenzas morfolóxicas e características físicas compartidas<ref name="Davis 1973 p. 17"/>, establecendo o [[concepto morfolóxico de especie]], que aínda se segue a empregar para caracterizar e clasificar especies, pero como método auxiliar. A partir do desenvolvemento da [[xenética de poboacións]] durante o [[século XX]], [[Ernst Mayr|Mayr]] estableceu o [[concepto biolóxico de especie]], co cal as actuais clasificacións tratan de reconstruír as relacións evolutivas entre especies, tamén coñecidas como [[filoxenia]]s.<ref>{{cita libro |apelido1= Solomon|nome1= Elda P.|apelido2= Berg|nome2= Linda R.|apelido3= Martin|nome3= Diana W.|título= Biología|dataacceso= |lingua= es|edición= 5ª|ano= 2001|editorial= McGraw-Hill Interamericana|lugar= Mexico D.F.|isbn= 970-10-3368-X|páxina= 407}}</ref>
 
Das agrupacións superiores empregadas por Linné, só as dos animais seguen estando en uso, e as propias agrupacións cambiaron significativamente dende a súa concepción, así como os principios nas que se basean. A taxonomía moderna inclúe unha categoría de [[Familia (bioloxía)|familia]] entre orde e xénero e unha categoría de [[phylum]] entre reino e clase, que non estaban presentes no sistema orixinal de Linné.<ref name="Davis 1973 p. 17">[[#Davis|Davis & Heywood (1973)]], p. 17.</ref> A contínua evolución dos sistemas de clasificación durante o século XX tamén trouxo a aparición de un taxon superior ó reino, o dominio.<ref name="Solomon"/>
Porén, Linné é recoñecido por establecer a idea da estrutura xerárquica de clasificación baseada en características observables que intentan reflectir as relacións naturais.<ref name="Reveal 1993 p. 160-161"/><ref>[[#Simpson|Simpson (1961)]], p.&nbsp;56–57.</ref>
 
Os criterios empregados para clasificar ás especies vivas teñen cambiado coa expansión do coñecemento. As modernas técnicas de bioloxía molecular, como a [[secuenciación do ADN]], inexistente na época de Linné, teñen probado ser unha ferramenta de utilidade considerable para clasificar organismos vivos e establecer as súas [[Filoxenia|relacións evolutivas]].<ref>{{cita libro |apelido1= Solomon|nome1= Elda P.|apelido2= Berg|nome2= Linda R.|apelido3= Martin|nome3= Diana W.|título= Biología|dataacceso= |lingua= es|edición= 5ª|ano= 2001|editorial= McGraw-Hill Interamericana|lugar= Mexico D.F.|isbn= 970-10-3368-X|páxina= 476}}</ref>
 
= Revisión Artigos de Calidade =