Diferenzas entre revisións de «Aminoácido cetoxénico»

sen resumo de edición
m (→‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda)
* A [[leucina]] orixina [[acetil-CoA]] e [[acetoacetato]], que dá lugar a [[acetoacetil-CoA]].
* A [[lisina]] orixina en varios pasos, primeiro [[glutaril-CoA]] e despois este dá lugar a acetoacetil-CoA.
* A [[fenilalanina]] e a [[tirosina]] orixinan primeiro acetoacetato, desprendéndose CO<sub>2</sub> nunha [[descarboxilación]], e despois o acetoacetato orixina [[acetoacetil-CoA]]. Nestes aminoácidos 4 dos carbonos son desviados para formar [[fumarato]], que pode entrar na [[gliconeoxénese]], polo que estes aminoácidos son tamén glicoxénicos.
* O [[triptófano]] pode orixinar primeiro glutaril-CoA e este despois, acetoacetil-CoA, o que o fai cetoxénico, pero parte da molécula orixina o aminoácido [[alanina]], que se pode transformar en [[piruvato]], que é unha molécula gliconeoxénica, polo que o triptófano e tamén potencialmente un aminoácido gliconeoxénico.
* A [[treonina]] é tamén cetoxénica e glicoxénica, porque pode orixinar tanto [[acetil-CoA]] coma [[piruvato]].
190.249

edicións