Aeroporto de Wellington: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
de en.wiki #100wikidays
 
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 36:
O '''aeroporto internacional de Wellington''' {{Códigos aeroportuarios|WLG|NZWN}}, anteriormente coñecido como '''aeroporto de Rongotai''', é un aeroporto situado no suburbio de Rongotai da cidade de [[Wellington]], a capital de [[Nova Zelandia]]. Atópase a 5,5 quilómetros ao sueste do centro da cidade. É un centro de conexións para [[Air New Zealand]] e as súas subsidiarias. Wellington International Airport Limited, unha empresa conxunta formada entre Infratil e o Consello da cidade de Wellington, opera o aeroporto.
 
Wellington é o terceiro aeroporto máis concorrido de Nova Zelandia (despois de [[aeroporto de Auckland|Auckland]] e [[aeroporto de Christchurch|Christchurch]]) sendo usado por un total de 6 &nbsp;049 &nbsp;194 pasaxeiros no ano que rematou o [[31 de marzo]] de [[2017]].<ref name="Traffic Reports">{{cita web|título=Traffic Reports|url=https://www.wellingtonairport.co.nz/business/investor-services/traffic-reports/|editor=Wellington Airport|dataacceso=10 de febreiro de 2018}}</ref> O aeroporto, ademais de unir moitos destinos de Nova Zelandia con aeroliñas nacionais e rexionais, tamén ten voos cara a grandes cidades no leste de [[Australia]]. É tamén fogar dalgúns pequenos negocios de aviación xeral, incluído o Aero Club de Wellington.
 
O aeroporto ocupa unha superficie de 110 hectáreas<ref>{{cita web|título=Wellington Airport: Frequently Asked Questions|url=https://web.archive.org/web/20070928035456/http://www.infratil.com/wellington_international_airport_faqs.htm#q2|editor=Wellington Airport|dataacceso=10 de febreiro de 2018}}</ref> nunha pequena parte do istmo de Rongotai, un tramo de terras baixas entre o propio Wellington e a peníncula de Miramar. Ten unha única pista de 2 081 metros con ILS en ámbalas dúas direccións.