Aníbal Otero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Aníbal Otero Álvarez''', nado en [[Barcia, San Xurxo de Piquín, Ribeira de Piquín|Barcia]] ([[Ribeira de Piquín]]), o [[21 de xaneiro]] de [[1911]], e finado na mesma aldea o [[11 de marzo]] de [[1974]], foi un lingüista e escritor [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Estudou Filosofía e Letras en [[Madrid]], especializándose en [[Fonética]] so a guía de [[Tomás Navarro Tomás]]. Participou, desde antes de rematar a carreira, na elaboración no [[Atlas Lingüístico da Península Ibérica]] (ALPI) que supervisaba [[Ramón Menéndez Pidal]] e dirixía o seu mestre Navarro Tomás, realizando investigacións lingüísticas naen Galiza e máis no norte de [[Portugal]]. NaEn [[Galiza]] levou el só os inquéritos en 45 dos 53 puntos propostos para investigar<ref>Alonso Montero, Na morte de Aníbal Otero</ref>. No norte de [[Portugal]] onde estaba a completar os inquéritos, sorprendeuno a sublevación militar do [[1936|36]]. Foi entregado ás autoridades españolas o [[5 de agosto]] de [[1936]] e acusado de espionaxe, ao parecer por se lle descubriren cadernos de enquisas do ALPI con transcricións fonéticas (á parte de viaxar en coche oficial da República española). Foi condenado a morte e amnistiado, pero permaneceu na cadea, en [[Burgos]], ata o [[22 de maio]] de [[1941]], data na que se lle outorgou a liberdade condicional.
 
En [[1952]], retomou os traballos para o ALPI, pois Navarro Tomás ao devolver os materiais do mesmo ao [[Consello Superior de Investigacións Científicas]] (CSIC), que custodiaba, esixíu que a continuación do labor fose efectuada polos mesmos colaboradores anteriores. Otero pasou a percorrer Portugal, nesta altura so a dirección do filólogo portugués [[Luís Lindley Cintra]] e do valenciano [[Manuel Sanchis Guarner]], nos anos [[1953]] e [[1954]] <ref>Antón Santamarina, ''Anibal Otero (1911-1974)''</ref>.
 
O resto da súa vida transcorreu na súa aldeíñaaldea natal de Barcia, como un campesiño máis, onde faleceu en 1974.
 
Autor de ''Contribución al diccionario gallego'' ([[1967]]), ''Vocabulario de San Jorge de Piquín'' ([[1977]]); en [[1994]] publicouse postumamente a súa novela autobiográfica ''Esmoriz''.