Neurona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 142:
 
* Neuronas '''dopaminérxicas'''. Liberan [[dopamina]]. A dopamina é un neurotransmisor que actúa nos receptores acoplados a Gs de tipo D1 (D1 e D5), que incrementan o [[AMPc]] e a [[proteína quinase A]] (PKA), e nos receptores de tipo D2 (D2, D3, e D4), que activan os receptores acoplados a Gi, que diminúen o AMPc e a PKA. A dopamina está relacionada cos estados de humor e o comportamento, e modula tanto a neurotransmisión presináptica coma postsináptica. A perda das neuronas dopaminérxicas na [[substancia negra]] foi relacionada coa enfermidade de Parkinson.
* Neuronas '''serotoninérxicas'''. Liberan [[serotonina]]. A serotonina, (5-hidroxitriptamine, 5-HT), pode actuar como excitatoria ou inhibitoria. das catro clases de receptores 5-HT que existen, tres son receptores GPC e unha é unha canle iónica de apertura por unión a un ligando. A serotonina sintetízase a partir do [[triptófano]] pola triptófano hidroxilase, e pola ácido aromático [[descarboxilación|descarboxilase]]. A falta de serotonina nas neuronas postsinápticas está asociada coa depresión. As drogas que bloquean o [[transportador de serotonina]] presináptico úsanse para o seu tratamento, como o Prozac e Zoloft.
 
No [[sistema nervioso vexetativo]] as neuronas son principalmente ou colinérxicas ou adrenérxicas (liberan [[noradrenalina]]).