Juan R. Álvarez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: AEMI; cambios estética
Liña 5:
Fillo de Manuela Álvarez Río, dunha familia de labregos acomodados. Estudou Latín e Humanidades na Preceptoría de [[Ferreira do Valadouro]]. Ingresou no [[Seminario de Mondoñedo]] en 1893, pero non chegou a rematar a carreira sacerdotal. Marchou a [[Madrid]] comenzou a traballar nunha xoiería da Carrera de San Jerónimo, da que chegou a ser socio. Foi membro do Centro Gallego de Madrid. En Ferreira foi cofundador do periódico ''[[El Valle de Oro]]''. En [[1906]] marchou a Cuba. Dedicouse ao comercio, foi importador dos reloxos "Lohengrin". Traballou para Santos y Álvarez e despois estabeleceuse pola súa conta. No Centro Gallego de La Habana foi vocal da sección de instrución e da sección de recreo e adorno e vicepresidente da sección de sanidade. Foi secretario da xunta directiva de 1912 a 1914. En [[1917]] foi vicepresidente da comisión executiva do Centro Gallego.
 
Foi un dos fundadores da [[Sociedad de Instrucción, Recreo y Protección El Valle de Oro]], na que ocupou o cargo de vicesecretario da primeira xunta directiva e en 1915 foi elixido presidente. Foi tamén secretario fundador do Comité Representativo de las Sociedades Gallegas de Instrucción, membro da [[Asociación Iniciadora y Protectora de la Real Academia Gallega]] e da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia. En 1922 foi elixido conselleiro da Caja de Ahorros y Banco Gallego do Centro Gallego da Habana.
 
== Véxase tamén ==