Fócidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: familia = '''''Phocidae''''' → familia = '''Phocidae'''
Corrección dunha errata
Liña 34:
Os '''fócidos''' (''Phocidae'') son unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[mamíferos]] [[pinnípedes]] [[mar]]iños adaptados a vivir en medios acuáticos a maior parte do tempo, coñecidos como '''focas''' ou '''focas verdadeiras'''.<ref>Moita xente chama ''focas'' a pinnípedes doutras familias, especialmente á dos otaríidos.</ref>
 
A familia comprende 19 [[especie (bioloxía)|especies]] recoñecidas. Como todos os pinnípedes carecen de [[pavillón auditivo]] e no [[cranio]] non posúen [[moa (dente)|moas carniceiras]], estando as [[mandíbula]]s deseñanas para capturaren [[depredación|presas]], pero non para as esgazaren e masigarenmastigaren; outra característica salientábel é que teñen [[óso]] peneano.<ref name=MG>Díaz d'a Silva e Cartelle (2007).</ref>
 
As súas extremidades posteriores están dirixidas cara a atrás, e non son funcionais para o desprazamento terrestre, característica que as diferencia dos [[otaríidos]] (''lobos e osos mariños'').