Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro info errónea
→‎Economía: Parque empresarial de Ribadeo
Liña 228:
Ó igual que sucedeu no pasado, o sector produtivo dominante do municipio de Ribadeo continúa sendo o terciario, na vila, e o primario nas parroquias rurais, o seu antigo alfoz. Por se-la localidade mellor equipada de toda a [[Comarca da Mariña Oriental]], a vila de Ribadeo ten e conserva -dende antigo- unha importante función comercial, portuaria e de servizos, polo que exerce unha forte atracción sobre a contorna rexional e sobre o occidente [[Asturias|asturiano]]. O comercio, o turismo, os servizos profesionais e as actividades de ocio confiren á economía local un marcado rango urbano. O seu [[Porto deportivo de Ribadeo|porto]] move máis de 220.000 millóns de toneladas o ano ([[celulosa]], area de mina, magnesita, aglomerado, madeira, entre as principais cargas; [[millo]], polpa de [[remolacha]], entre as descargas máis importantes).
 
O sector primario dá ocupación a un terzo da poboación activa, tendo experimentado unha considerable melloría coa concentración parcelaria na maioría das parroquias. Coa mecanización e a modernización dos labores agrícolas logrouse deixar de lado o sistema de autoconsumo, para iniciar unha produción plural de explotación forestal e gandeira, de produción [[leite|láctea]] e [[carne|cárnica]] preferentemente. Dentro do sector [[gandería|gandeiro]], destaca a produción [[vaca|vacúa]] seguida da [[porco|porcina]] e, en menor medida, a [[cabalo|cabalar]] e [[galiña|avícola]]; por todo iso, vese claramente como a labranza vaise convertendo nun sector subsidiario da [[gandería]], verdadeira fonte da riqueza municipal. O sector [[pesca|pesqueiro]], actualmente en crise, ten unha importancia económica secundaria. Coa construción do peirao de Mirasol, o porto da vila recuperou algo do auxe comercial de tempos atrás, ó fomentarse a súa dedicación o tráfico comercial interior con produtos minerais, madeira e os seus derivados. Polo que se refire á pesca, as capturas oriéntanse cara a especies como a [[pescada]], o [[peixe sapo]], a [[sardiña]], o [[percebe]] e o [[mexillón]], entre outras, constituíndose na principal fonte de ingresos para algunhas familias tanto da vila como da próxima poboación de Rinlo. Nos derradeiros anos, a exportación de algas e o cultivo de [[ostra]] e [[ameixa xaponesa]] conseguiu diversifica-lo sector. Complementan o espectro económico a construción, á que se dedica o 12% da poboación activa, e a pequena industria co 13,6% dos activos ocupacionais. En 2012 inaugurouse o [[Parque empresarial de Ribadeo]] situado xunto á [[A-8]].
 
==== Industrias ====