Atlas (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Arranxos varios. 2ª parte.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Revisouse e ampliouse o contido. Arranxos lingüísticos. Notas. Véxase tamén. Categorías. Wikificouse. Ficheiros de imaxe. Ligazóns internas. Retiráronse avisos: {{Atención|data=xaneiro de 2018}} {{FormatoWiki}} {{Ortografía}}
Liña 1:
[[Ficheiro:Atlas Santiago Toural GFDL.jpg|miniatura|Estatua de Ares na Praza do Toural, en [[Santiago de Compostela]]]]
{{Atención|data=xaneiro de 2018}}
{{FormatoWiki}}
{{Ortografía}}
Na [[mitoloxía grega]], '''Atlas''' (/ætləs/; [[Lingua grega antiga|grego antigo]]: Ἄτλας) era un [[Titán (mitoloxía)|titán]] condenado a soster o [[ceo]] pola eternidade despois da [[Titanomaquia]]. Aínda que se asociou con varios lugares, identificouse comunmente coas [[Cordal do Atlas|montañas do Atlas]] no [[noroeste]] de [[África]] ([[Marrocos]], [[Alxeria]] e [[Tunisia]]).<ref>"[https://www.britannica.com/topic/Atlas-Greek-mythology Atlas. Grrek Mythology]". En ''Encyclopaedia Britannica (en inglés)''"</ref>
 
Liña 9 ⟶ 7:
==O mito ==
===Atlas como titán===
[[Ficheiro:MAN Atlante fronte 1040572.JPG|miniatura|esquerda|Estatua de Atlas. [[Século II]] [[Anno Domini|d.C.]] Museo Arqueolóxico Nacional de [[Nápoles]]]]
Atlas acaudillou os titáns na Titanomaquia ou guerra contra os [[Deuses olímpicos|olímpicos]]. Cando os titáns foron derrotados, [[Zeus]] condenou a Atlas a cargar co ceo (a Urano), moi preto do xardín das Hespérides. Nun principio só as ninfas Hespérides eran as encargadas de coidar as mazás de ouro<ref>Advírtase que en griego μήλο ''mēlo'' pode significar ‘ovella’ ou ‘mazá’.</ref>, pero [[Hera]] non confiaba nelas, así que enviou a [[Ladón (mitoloxía)|Ladón]], para que xuntos se encargasen de vixiar as preciadas mazás de ouro. Atlas recordou a profecía de [[Temis]], ameazou a [[Perseo]] e aconselloulle que se fose. Entón Perseo sostivo a cabeza de [[Medusa (mitoloxía)|Medusa]] ante os ollos do titán, e así o converteu nunha enorme pedra que se chamaría [[cordal do Atlas]]. Dicíase destas montañas que eran tan altas que tocaban o ceo, aínda que as súas [[Árbore|árbores]] eran tan densas que impedían subilas. Con todo, outras versións contan que [[Hércules (mitoloxía)|Heracles]], descendente de Perseo, enganou a Atlas para que recuperase algunhas mazás de ouro do xardín das Hespérides como parte dos seus doce traballos. Prometeo aconselloulle que non fose el mesmo a buscalas, senón que enviase a Atlas. Para logralo, Heracles ofreceuse a suxeitar o ceo mentres Atlas ía buscalas. Pero ao volver, Atlas non quixo aceptar a devolución dos ceos, e dixo que el mesmo levaría as mazás a [[Euristeo]], o home que as pediu. Heracles enganouno de novo, pedíndolle que suxeitase o ceo un momento para acomodar a súa capa.<ref>''[https://books.google.be/books?id=5RXuVVnG7ZsC Apollodorus]''. Tradución de Jean-Claude Carrière et al. Universidade de Franco-Condado. 1991. Páxina 21 [ISBN 978-2251604435] ''(en francés)''</ref>