Atlas (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes varios (1ª parte)
Moedagalega (conversa | contribucións)
Arranxos varios. 2ª parte.
Liña 5:
 
== Xenealoxía ==
Atlas era o fillo de titán [[Xápeto (mitoloxía)|Xápeto]] e [[Clímene (Oceánide)|Océano Asia ou Climene]], e irmán de [[Prometeo]], [[Epimeteo (mitoloxía)|Epimeteo]] e [[Menecio]]. Tivo moitos fillos, na súa maioría fillas, as [[Hespérides]], as [[Híades]], as [[Pléiades (mitoloxía)|Pléiades]] e a [[Ninfa (mitoloxía)|ninfa]] [[Calipso (mitoloxía)|Calipso]] que vivía na [[Oxixia|illa Oxixia]]. Segundo o [[Literatura grega|antigo poeta grego]] [[Hesíodo]], Atlas atopábase nos confíns da Terra cara ao [[oeste]]. De acordo con ''The Greek Myths'', de [[Robert Graves]], os [[pelasgos]] crían que a deusa creadora [[Eurinome (mitoloxía)|Eurinome]] asignou a Atlas e a [[Febe]] para que gobernasen a [[Lúa]]. [[Hixino|Hixinio]] enfatiza a natureza primordial de Atlas facéndoo o fillo de [[Éter (mitoloxía)|Éter]] e [[Gaia]], aínda que o texto do Prefacio, onde fai esta afirmación, está algo corrupto. "[[Océano Atlántico]]" significa "Mar de Atlas", mentres que "Atlantis" significa "Illa de Atlas".<ref>"[http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.04.0104%3Aalphabetic+letter%3DA%3Aentry+group%3D53%3Aentry%3Datlas-bio-1 Atlas]". En Smith, W. ''A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology''. 1858 ''(en inglés)''</ref><ref>Hésiode. ''Théoginie''. Tradución ao francés de Jean-Pierre Vermant. Payot & Rivages. París, 1993. Páxina 105 [ISBN 978-2743621384] ''(en francés)''</ref>
 
==O mito ==
===Atlas como titán===
Atlas acaudillou os titáns na Titanomaquia ou guerra contra os [[Deuses olímpicos|olímpicos]]. Cando os titáns foron derrotados, [[Zeus]] condenou a Atlas a cargar co ceo (a Urano), moi preto do xardín das Hespérides. Nun principio só as ninfas Hespérides eran as encargadas de coidar as mazás de ouro<ref>Advírtase que en griego μήλο ''mēlo'' pode significar ‘ovella’ ou ‘mazá’.</ref>, pero [[Hera]] non confiaba nelas, así que enviou a [[Ladón (mitoloxía)|Ladón]], para que xuntos se encargasen de vixiar as preciadas mazás de ouro. Atlas recordou a profecía de [[Temis]], ameazou a [[Perseo]] e aconselloulle que se fose. Entón Perseo sostivo a cabeza de [[Medusa (mitoloxía)|Medusa]] ante os ollos do titán, e así o converteu nunha enorme pedra que se chamaría [[cordal do Atlas]]. Dicíase destas montañas que eran tan altas que tocaban o ceo, aínda que as súas [[Árbore|árbores]] eran tan densas que impedían subilas. Con todo, outras versións contan que [[Hércules (mitoloxía)|Heracles]], descendente de Perseo, enganou a Atlas para que recuperase algunhas mazás de ouro do xardín das Hespérides como parte dos seus doce traballos. Prometeo aconselloulle que non fose el mesmo a buscalas, senón que enviase a Atlas. Para logralo, Heracles ofreceuse a suxeitar o ceo mentres Atlas ía buscalas. Pero ao volver, Atlas non quixo aceptar a devolución dos ceos, e dixo que el mesmo levaría as mazás a [[Euristeo]], o home que as pediu. Heracles enganouno de novo, pedíndolle que suxeitase o ceo un momento para acomodar a súa capa.<ref>''[https://books.google.be/books?id=5RXuVVnG7ZsC Apollodorus]''. Tradución de Jean-Claude Carrière et al. Universidade de Franco-Condado. 1991. Páxina 21 [ISBN 978-2251604435] ''(en francés)''</ref>
 
=== Atlas como rei ===
[[Diodoro Sículo]] afirmaba na súa ''Biblioteca histórica''​ que Atlas era un mítico rei de Mauritania, na antiga Libia. Dicíase que era un sabio [[Filosofía|filósofo]] e [[matemático]] e un extraordinario [[Astroloxía|astrólogo]], descubridor da esfericidade das [[Estrela (astronomía)|estrelas]] e artífice do primeiro globo celeste. Esta sería a razón pola que terminaría converténdose nun personaxe fantástico que levaría o firmamento completo sobre os seus ombreiros.
 
Atlas casou con [[Hespérides|Hesperis]], filla do seu irmán [[Héspero]], coa que tivo as seis Hespérides, tamén chamadas [[Hespérides|Atlántides]]. A familia posuía [[Rabaño|rabaños]] de fermosas mazás de cor dourada. [[Busiris (mitoloxía)|Busiris]], o cruel rei de [[Exipto]], enviou piratas para raptar as Hespérides. Cando estes estaban en camiño, Heracles chegou a Exipto e, por outras razónes, matou a Busiris. Mentres tanto, os piratas secuestraron as rapazas cando estas xogaban nun xardín e marcharon con ells. Desafortunadamente para eles, Heracles atopounos mentres comían nunha praia. Tras saber polas Hespérides o que ocorría, matou a todos os piratas e devolveu as rapazas ao seu pai Atlas, quen como recompensa lle deu as mazás de [[ouro]] que lle pedira o rei Euristeo de [[Micenas]].<ref>Grimal, P. ''Dictionnaire de la mythologie greque et romaine''. PUF. París, 1996. Páxina 59 [ISBN 978-2130444466] ''(en francés)''</ref>
 
==Atlas na cultura==
* Aínda que desde mediados do [[século XVI]] é frecuente mostrar o titán Atlas nos [[Atlas (cartografía)|atlas]] [[Cartografía|cartográficos]], non foi a este senón ao rei libio a quen o [[Xeografía|xeógrafo]] [[Gerardus Mercator|Gerardo Mercator]] lle rendeu tributo cando usou por primeira vez o nome Atlas para describir un [[libro]] de [[Mapa|mapas]], ao incluír unha representación súa na páxina-título do seu libro ''Atlas, Sive Cosmographicae Meditationes De Fabrica Mundi...'' (publicado postumamente en [[1595]]).
* ''Atlas, Rise!'' é unha canción da banda de [[thrash metal]] [[Metallica]].<ref>[https://www.allmusic.com/artist/metallica-mn0000446509/discography Discografía de Metallica] en ''All Music (en inglés)''</ref>
* [[Atlas de Guadalajara|Atlas F.C]] é un equipo de [[fútbol]] representativo da cidade [[México|mexicana]] de [[Guadalaxara, México|Guadalajara]].<ref>[https://www.atlas.com.mx/ Sitio web da entidade] ''(en castelán)''</ref>
 
== Notas ==