Dinís de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*reina (subst.) > raíña.
m →‎Personalidade: Municipio
Liña 128:
Sen esquecermos o lapso de longos séculos que nos separan de D. Dinís, é posíbel trazar un esbozo das liñas mestras da personalidade deste rei portugués. Era determinado, ou mesmo obstinado, nos seus intentos, do que son exemplo a ''cadencia de inquéritos'' verdadeiramente demoledora.{{Harvnp|Sotto Mayor Pizarro|1997|p=206}} e demais políticas de centralización rexia que instituíu de forma sistemática.
 
Revelouse desde moi cedo como un grande estratego, sendo precursor dunha política gobernativa e lexislativa non só reactiva, senón máis ben de cuño proactivo. Facendo unha análise ''a posteriori'', vese que as decisións non eran tomadas por casualidade, antes ben se articulaban na senda dun ideal de país e nación que o rei desexaba. A título de exemplo, pódese indicar a concomitante creación de [[Municipio|concellos]] e [[feira]]s, as políticas de fortificación das fronteiras ou a crecente dependencia das [[Orde militar|Ordes militares]] do poder real. Por todo isto, D. Dinís foi recoñecido como un home sagaz e de elevada capacidade gobernativa, tanto polos seus contemporáneos como por historiadores posteriores.{{Harvnp|Sotto Mayor Pizarro|1997|p=202-207}} <ref name="ReferenceA">''Crónica Geral de Espanha de 1344'' (edição crítica do texto português por Luís Filipe Lindley Cintra), vol IV. Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 1990.</ref><ref name="ReferenceB">''Livro de Linhagens do Conde Dom Pedro'' (edição crítica por José Mattoso), en ''Portugaliae Monumenta Historica'', Nova Série, vol. II (tomos 1 e 2), Lisboa: Academia das Ciências, 1980.</ref>
 
Non carecía D. Dinís do que hoxe se chama ''habilidade política''. Sendo hábil no trato e entendedor dos homes, D. Dinís soubo ir ''atacando e pacificando'', alternativamente, os intereses señoriais laicos e eclesiásticos: desamortizou os bens do clero, mais aceptou o concordato e restrinxiu os dereitos de ''comedoría'' nos mosteiros; controlou os bens señoriais, pero as leis de desamortización trababan a erosión dos patrimonios señoriais.{{Harvnp|Sotto Mayor Pizarro|1997|p=207}}