Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m →‎O misticismo de Xoana: ligazón a esquizofrenia
Liña 101:
«Eu tiña trece anos cando escoitei unha voz de Deus», foi o que declarou Xoana en Ruán o xoves [[22 de febreiro]] de [[1431]]. O feito sucedeu ao mediodía no xardín do seu pai. Ademais engadiu que a primeira vez que a escoitou notou unha gran sensación de medo. Á pregunta dos seus xuíces, engadiu que esta voz viña da esquina da igrexa e que normalmente era acompañada dunha gran claridade, que viña do mesmo lado que a voz.
 
A Igrexa católica e a inmensidade de fieis, recoñeceu como verdadeiras estas aparicións. A opinión máis común a estas visións, a miúdo explícase baseándose en alucinacións, algún tipo de [[esquizofrenia]] ou problemas mentais. Queda nun segundo lugar pensar que podían ter sido froito dalgún tipo de obsesión desenvolvida pola abundante asistencia a misas, confesións... e descártase que mentise.
 
Cando lle preguntaron como cría que era aquela voz, ela respondeu que lle pareceu moi nobre, polo que afirmou: «e eu creo que esta voz me foi enviada de parte de [[Deus]]». Así pois, cando a escoitou por terceira vez pareceulle recoñecer un anxo. E aínda que ás veces non o entendía demasiado ben, primeiro aconselloulle que frecuentase as igrexas e despois que tiña que ir a Francia, sobre o cal a empezou a presionar. Ademais esta voz escoitábaa unhas dúas ou tres veces por semana. Non moito despois, revelou outra das mensaxes clave que lle enviou: «Ela dicíame que eu levantaría o asedio de Orleáns».